Traductor

jueves, 21 de noviembre de 2019

luz verde á construción dun edificio da praza da Fábrica de Tabacos


O Goberno local dá luz verde á construción dun edificio que completa a urbanización da praza da Fábrica de Tabacos
 
O Concello reestrutura os servizos municipais e as escolas infantís pasarán a depender da Concellería de Educación e Cultura 


A Coruña, 19 de novembro de 2019.- A Xunta de Goberno Local concedeu esta mañá dúas licenzas urbanísticas para dous edificios de vivendas cuxo orzamento supera o millón de euros. Unha licenza outorgaráselle á empresa Udralar SL para construír un edificio de 68 vivendas no único soar que queda baleiro no ámbito da praza da Fábrica de Tabacos.que permitirá completar a urbanización nesta zona. A outra licenza é para un modificativo no proxecto de construción doutro inmoble con fachadas ás rúas de Santa Lucía e Fernández Latorre. O permiso inclúe as obras de reestruturación e ampliación do edificio do número 9, que xa dispón do informe perceptivo de Patrimonio Cultural da Xunta.
No ámbito urbanístico, a Xunta tamén concedeu a aprobación inicial do estudo de detalle na estrada Baños de Arteixo promovido por Showa Denko Carbom Spain SA para ampliar a fábrica e daralle luz verde a outro estudo que permitirá completar as rasantes na avenida de Lamadosa, na esquina coa rúa Jerónimo Vázquez Franco.
Por outra banda, logo de reestruturar servizos municipais levados a cabo polo Goberno local para redistribuír competencias entre dúas concellerías, as escolas infantís municipais, que dependían ata o de agora da Concellería de Benestar Social, pasan á Concellería de Educación e Cultura. 
Outro dos asuntos do día foi sinatura dun convenio de colaboración coa entidade de RRI de Artesanos e a autorización dunha subvención de 91.000 euros para contribuír á viabilidade do centro e á posta en marcha de distintas actividades.

Ademais, tamén se aprobou a solicitude realizada pola Fundación Mujeres para utilizar a sala de formación do Centro de Empresas Accede Papagaio co fin de desenvolver unha xornada formativa dirixida a mulleres emprendedoras.

Na sesión de hoxe, o edil de Economía e Facenda, José Manuel Lage, foi designado como representante municipal no consello do Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Sur e a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, foi nomeada suplente.
A sinatura dun convenio de colaboración con Amigos da Ópera e a aprobación dunha subvención por importe de 80.000 euros á entidade para contribuír ao financiamento da súa Tempada Lírica foi outro dos asuntos da orde do día.




O Festival de Artes pola Inclusión Cultural,
FESTI=,      continúa      co      proxecto       de
Poten100mos

. A asociación cultural Poten100mos presenta mañá no Centro Ágora a performance “Taigeto, Sueños y Normalidad”, que inaugura a exposición de fotografía colectiva co mesmo nome.



A Coruña, 20 de novembro de 2019.- O Festival de Artes pola Inclusión Cultural, FESTI=, segue unha semana máis enchendo o Centro Ágora dunha cultura sen barreiras. A asociación Poten100mos participa por terceiro ano no festival organizado polo Concello e a Fundación Emalcsa.

Mañá ás 19.30 horas inaugúrase no Centro Ágora “Taigeto, Sueños y Normalidad”, exposición fotográfica colectiva editada tamén como libro en que se trata de amosar a normalidade da diferenza, o día a día das persoas coas súas capacidades. A exposición permanecerá aberta ata o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 

Ademais, o grupo de expresión corporal DiversidArte crea, a partir da obra fotográfica, unha representación multidisciplinar que incide nas cousas que nos unen, que nos fan iguais pero tamén na riqueza e na necesidade de sermos diferentes.

A programación do Festi= alongarase ata o día 1 de decembro, día en que o Centro Ágora acollerá toda unha tarde de actividades de balde e 100% inclusivas, con danza, concertos, contacontos pola diversidade, sesións de DJ... e mercado de asociacións onde as entidades dedicadas ás diferentes capacidades poderán dispor dun espazo para informaren sobre o seu labor.

A programación completa do FESTI=, Festival de Artes pola Inclusión Cultural, pódese consultar no web municipal www.coruna.gal/igualdade/festigual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario