O Goberno local reúnese coa veciñanza dos
Rosales e comprométese a atender
as súas demandas
A
alcaldesa, e os concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente, Juan Díaz Villoslada e Esther Fontán, mantiveron un encontro esta tarde no
centro cívico cos representantes veciñais e a asociación de empresarios
A Coruña, 18
de novembro de 2019.- A alcaldesa, Inés Rey, e os concelleiros de Urbanismo
e Medio Ambiente, Juan Díaz Villoslada e
Esther Fontán, reuníronse esta tarde cos
representantes das asociacións de veciños e empresarios do barrio dos Rosales,
para abordar as principais demandas da zona. O encontro incluíu unha visita ás
instalacións do centro cívico, onde as veciñas e os veciños lle mostraron á
rexedora as humidades que presenta o local. Rey comprometeuse a poñer en marcha
os traballos para arranxar os danos.
O Goberno local tamén estudará a posibilidade de
crear un rexistro único para axilizar os trámites que teñen que realizar os
colectivos de cara a organizar as festas do barrio, tal e como lle demandaron
as e os residentes.
Inés Rey tamén se comprometeu a levar a cabo melloras
na mobilidade do barrio coa instalación de máis luminaria nos pasos de peóns e
a contemplar a posibilidade de incrementar as liñas de autobuses e frecuencias
para conectar Os Rosales con outros barrios da cidade.
Pola súa banda, a veciñanza mostrou o seu desacordo
con algunha das actuacións previstas no proxecto de ampliación do parque infantil
da praza Elíptica e solicitaron á rexedora que se recoloque a zona biosaudable
e eliminen o areal do parque infantil. En canto ás instalacións deportivas,
demandan melloras no sistema de ventilación e da rede de saneamento no pavillón
polideportivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario