O Concello pon en marcha a
campaña “Non é posible sen vós”, que busca implicar os homes na loita contra a
violencia sexual
A
concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, presentou esta mañá en
María
Pita, con motivo da celebración o próximo 25 de novembro do Día Internacional
contra a Violencia de Xénero, unha campaña de sensibilización contra a
violencia sexual
A
campaña incidirá en programas de educación entre as e os máis novos que a
Concellería pretende intensificar en colexios e institutos.
A Coruña,
20 de novembro de 2019.- Con motivo da conmemoración do 25 de
novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a
concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira,
presentou esta mañá unha campaña de sensibilización que aborda diferentes
actividades e fai especial fincapé na violencia sexual.
A campaña “Non é posible sen vós”, que incide na necesidade
de que os homes se impliquen na loita contra esta secuela social, inclúe un
amplo abano de actividades desde obradoiros a xornadas e actividades
deportivas. “Non é posible acabar coa violencia sexual sen o labor de
concienciación e educación na outra metade da poboación”, indicou Neira, quen
mostrou a súa preocupación ante a “alarmante” evidencia de que os
comportamentos machistas entre a mocidade teñen lugar a idades cada vez máis
temperás.
O eixe central da campaña terá lugar o día 25 coa lectura
dun manifesto en María Pita por parte da alcaldesa, Inés Rey, e coa instalación
dunha carpa no Obelisco onde se repartirán dípticos e tarxetas de información
sobre as distintas actuacións que se levan a cabo desde o Centro de Información
á Muller no ámbito contra a violencia de xénero. Ademais, tanto a Torre de
Hércules como o Concello iluminaranse de cor morada. Obras de teatro,
actividades para nenas e nenos a través do servizo de bibliotecas e de
canguraxe municipal e o ciclo de cinema “Sexo ferido” son outras das
actividades dun programa que vai más alo dun día concreto e no que se implican
distintas áreas do Concello.
Neira quixo destacar a celebración de dous obradoiros para
os máis novos. O primeiro para mozas e mozos a partir dos 16 anos “Desatando
outras masculinidades”, que intentará, a través da reflexión en grupo, que a
mocidade identifique comportamentos machistas que desembocan en actos de
violencia sexual. E o segundo taller, destinado ás familias con rapaces e
rapazas de entre 10 e 16 anos, “Violencias sexuais. Que está a normalizar a
mocidade?” pretende afondar na identificación e bordaxe desta problemática de
cara aun desenvolvemento saudable da mocidade.
O programa de actividades inclúe a celebración o 27 de
novembro no Centro Ágora dunha xornada que baixo o título “Outras formas de
violencia de xénero: a violencia sexual” analizará, entre outros temas, a ciberviolencia,
a violencia sexual nos medios de comunicación, o acompañamento terapéutico a
mulleres que sufriron agresións sexuais, e como lle afecta un caso de violencia
de xénero á muller e á súa familia.
Doutra banda, a Concellería de Deportes sumarase aos actos
contra violencia de xénero na VII carreira popular dos Rosales e organizará
unha concentración pacífica na explanada do Pazo Municipal de Riazor, onde se
formará un lazo humano para manifestar o rexeitamento contra a violencia
machista. Poderán participar na concentración todas as persoas que queiran
unirse. Farase unha ás 12.00 horas e outra ás 18.00 horas.
Para máis información sobre o programa de
actividades:
No hay comentarios:
Publicar un comentario