Traductor

viernes, 22 de noviembre de 2019

XII Encontro Iberoamericano de Seguridade Vial AICEFOV


Rey destaca a importancia de formar a cidadanía antes de
sancionala por malas prácticas na condución

A alcaldesa inaugurou o XII Encontro Iberoamericano de Seguridade Vial
AICEFOV, que ten lugar na xornada de hoxe no hotel NH Collection Finisterre  



A Coruña, 21 de novembro de 2019.- A alcaldesa, Inés Rey, participou na apertura do XII Encontro Iberoamericano de Seguridade Vial AICEFOV, que ten lugar hoxe no hotel NH Collection Finisterre e que abordará a formación das escolas co fin de garantir a seguridade vial, feito que constitúe para a rexedora unha das máximas do
Goberno local: “Queremos construír unha cidade que se mova, dinámica e sustentable e, para iso, estamos traballando para levarmos adiante un proxecto como a estación Intermodal, que comunique esta punta do mapa co resto e que permita que, unha vez que as persoas usuarias baixen do bus ou do tren, poidan desprazarse facilmente no medio en que queiran e con seguridade”. 
Na inauguración, a rexedora destacou que nos últimos anos se modificaron malas condutas ao volante, como a de non usar o cinto de seguridade ou a de conducir despois de inxerir alcol, “pero sabemos que isto comeza na escola, cando unha persoa se apunta ao exame teórico e aprende a interpretar os sinais. Debe ser nese punto en que decidimos sacar o carné de coche cando temos que adquirir a responsabilidade nesta nova faceta. E niso, sei que as e os profesionais traballan para que así sexa”. 
 Rey falou sobre a importancia de pór sobre a mesa experiencias de éxito e informar e formar a cidadanía sobre as boas prácticas antes de sancionala, de cara a conseguir ese civismo por parte de todas/os que repercuta no día a día da veciñanza. No acto participaron tamén José Miguel Báez Calvo, presidente da Asociación Iberoamericana de Centros de Formación Vial (AICEFOV) e José Manuel López Marín, vicepresidente de CNAE e presidente da Federación Galega de Autoescolas. 
Na xornada trataranse cuestións como “A seguridade vial na cidadanía ao longo da vida” ou “O éxito do permiso por puntos como salvador de vidas”, a cargo de representantes e persoas expertas do sector.

A Biblioteca do Real Consulado recibirá unha partida do Concello para traballos de mantemento e conservación

A alcaldesa anunciou a asignación económica esta mañá durante a súa primeira visita, en que coñeceu de primeira man parte do patrimonio de papel que alí se garda


A Coruña, 21 de novembro de 2019.- O Goberno local asignará unha partida para o mantemento e conservación da Biblioteca do Real Consulado, onde se gardan documentos históricos da cidade como os que describen os movementos realizados durante a reforma da Torre de Hércules a cargo Giannini ou as receitas de Picadillo xunto a un manuscrito inédito de Quevedo e á segunda parte da primeira edición do Quixote en holandés. A alcaldesa visitou hoxe as instalacións, comprobou de primeira man as súas necesidades espaciais e coñeceu varias das xoias de celulosa que descansan no edificio, onde a biblioteca ocupou nun primeiro momento o segundo piso para acabar finalmente na primeira planta. 
A cantidade de volumes fai que a institución quede pequena, polo que a idea é recuperar metros cadrados destinados a servizos para que as persoas usuarias teñan máis facilidades á hora de buscaren tomos e lograr que os libros estean en mellores condicións. Desde o Real Consulado, unha representación do padroado coa presidenta María Josefa Sánchez Posse á cabeza ensinoulle á rexedora cada un dos habitáculos que conforman o centro bibliotecario, que ademais de servir de lugar de consulta para estudosas e estudosos, organiza parladoiros e exposicións.
 A representación agradeceu que se lles teña en conta na confección dos vindeiros orzamentos, xa que para eles suporá unha bombona de osíxeno de cara a realizar as reformas oportunas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario