A
Marea Atlántica denuncia a situación crítica do COF de Orillamar, con máis de
100 mulleres en lista de espera
O Sergas ten sen cubrir unha praza de
Xinecoloxía e dúas de matrona, e a única xinecóloga que presta servizo a case
40 concellos está a piques de xubilarse
A voceira municipal da Marea Atlántica, María García, e as
concelleiras Silvia Cameán e Claudia Delso denunciaron hoxe a situación crítica
que está a vivir o Centro de Orientación Familiar de Orillamar, co persoal sanitario
baixo mínimos e máis de 100 mulleres en lista de espera. Reclamáronlle á Xunta
que actúe de inmediato para resolver a situación, pois “este é o único centro
público que atende ás interrupcións voluntarias do embarazo en toda a área
sanitaria da Coruña, formada por case 40 concellos”, en palabras de Silvia
Cameán.
“Cunha praza de
Xinecoloxía sen cubrir desde marzo, coa directora e única xinecóloga a piques
de xubilarse a calidade asistencial do centro está en perigo polos
recortes do Sergas” declarou María García. E lembrou que neste 25N de novembro,
Día Internacional pola erradicación da violencia contra a muller, “o Concello
da Coruña leu unha declaración institucional, impulsada por nós, na que se lle
reclama ás institucións un maior compromiso contra a desigualdade e o machismo,
e aquí mesmo, no COF, vemos a importancia de cumprir estes compromisos, moito
máis aló dos minutos de silencio”.
Silvia Cameán insistiu que “os COF son os únicos centros
públicos que prestan servizos de saúde afectiva e sexual e atenden a
interrupción voluntaria da xestación. Como xa denunciamos moitas veces no
anterior mandato a Xunta está a proceder de forma irresponsable, facendo que
moitas mulleres perdan o seu dereito á asistencia e rematen por irse á sanidade
privada, o que deixa sen alternativa a quen non pode pagala”.
O COF conta con dúas prazas de
xinecoloxía, pero unha está sen cubrir desde que o titular se xubilou en marzo
deste ano. Deste modo, unha soa persoa ten que atender pacientes d Coruña,
Cambre, Carral, Sada e Oleiros, pois este centro presta servizo a toda a área
sanitaria da Coruña, case 40 concellos. A sobrecarga empeora porque a Xunta leva sete anos sen cubrir a praza de Xinecoloxía no COF do Ventorrillo,
derivando todas as pacientes a Orillamar e aos centros de saúde. Ata o de
agora, o Sergas vai chamando substitucións en días concretos cando a xinecóloga
titular non está dispoñible, pero en canto se xubile non quedará ninguén para
asumir a dirección do COF, poñendo en grave perigo o normal funcionamento do
centro.
Á falta de persoal hai que sumarlle as dúas prazas de
matrona, vacantes desde que se xubilaron as titulares en 2017. Como explicou
Silvia Cameán, “o Sergas cúbreas con substitucións temporais, o que non só
precariza o emprego, senón que fai imposible o correcto seguimento das
pacientes. Nestes dous anos pasaron polo
centro nove matronas diferentes”.
Na parte
que lle corresponde, o Concello da Coruña tampouco está a responder. A súa
tarefa é cubrir a praza da traballadora social, a profesional que lle ofrece a
primeira orientación ás persoas que solicitan a interrupción voluntaria do
embarazo. Pero este ano non puido collerse vacacións porque
No hay comentarios:
Publicar un comentario