Rey destaca a valentía da mocidade empresaria na entrega do XX
Premio Emprende Coruña de AJE
A alcaldesa acudiu á gala
na que a asociación distinguiu os mozos e mozas con ideas máis renovadoras no
sector
A Coruña, 21 de novembro de 2019.- A alcaldesa participou esta
tarde na XX gala do Premio Emprende Coruña, organizada por AJE (Asociación de
Jóvenes Empresarios), que tivo lugar na Finca Montesqueiro e na que destacou
a necesidade de consolidar todas as
boas ideas que xorden na provincia con galardóns como os que hoxe se
entregaron: “Hai que premiar a valentía dos e das que dan pasos para adiante e
cren no que fan porque só así avanzaremos como territorio que exporta produtos
singulares”. Na súa intervención, a rexedora explicou que “temos que ser
conscientes de que esas propostas necesitan que lles axudemos a que saúden nun
ámbito empresarial concreto e a que se estabilicen e maduren”. Rey felicitou os
gañadores e gañadoras que foron capaces de “facerse un sitio e ir máis alá do
que xa existe”. Tamén agradeceu o labor de AJE “por facernos ver as demandas e
necesidades dun colectivo que evoluciona e vaise adaptando aos tempos”.
EVENTOS
23/11/2019 |
Rec Fest |
Lugar: Coliseum |
Rock en Coruña. REC Fest. Un nuevo encuentro que revive la liturgia del rock en la ciudad herculina |
No hay comentarios:
Publicar un comentario