Traductor

jueves, 2 de abril de 2020

A Marea Atlántica téndelle a man ao goberno municipal para mudar o Orzamento municipal e potenciar as medidas sociais fronte á crise


A Marea Atlántica téndelle a man ao goberno municipal para mudar o Orzamento municipal e potenciar as medidas sociais fronte á crise




O Concello ten que protexer á cidadanía e poñer en marcha un plan de choque para enfrontar as consecuencias da pandemia, incluíndo un Plan de Emprego urxente
Despois de coñecer hoxe os datos do paro, cun aumento histórico do desemprego, a Marea Atlántica insiste na necesidade de poñer o Concello ao servizo dunha saída socialmente xusta da crise que xa comezou e de poñer en marcha un plan de choque que protexa ás persoas. Para iso, convidamos ao Partido Socialista a comezar, canto antes, unha negociación para mudar o Orzamento municipal e adaptalo á situación de emerxencia. Está máis claro ca nunca que moitos fogares van precisar a axuda de todas as institucións, e os municipios non poden quedar á marxe. 
As medidas postas en marcha polo Concello nas últimas semanas contan con todo o noso apoio, pero vai ser necesario chegar máis lonxe para facer fronte as consecuencias destes meses de confinamento. A voceira da Marea Atlántica, María García, lembra que “a crise se está a desenvolver non é só sanitaria, é social e temos que atallala desde o social”, e engade que “os Orzamentos eran unha proposta positiva para a realidade antes da pandemia, pero agora é necesario adaptalo a complicadísima situación actual e futura, para rescatar á xente que o precisa. Para iso, temos a man tendida ao goberno municipal”. 
As cifras do paro, que serán peores en abril, cando sumen todos os ERTEs, amosan tamén a necesidade urxente dun Plan de Emprego específico, que debe estar preparado cando se retome a actividade laboral e económica, e que debe priorizar ás pequenas e medianas empresas. 
Máis recursos para os Concellos
Desde a proximidade, os municipios van ter que actuar para prestarlle axuda á moitos fogares, que xa están en risco de exclusión social. E para iso van precisar máis recursos, non menos. O Estado debería buscar outras fontes de financiamento e reservar o superávit municipal para os concellos, despois de telo secuestrado durante máis dunha década polas leis de austeridade que empeorou as consecuencias da Gran Recesión de

2008. As entidades locais prestan servizos básicos como a axuda a domicilio, as bolsas comedor, as axudas sociais de emerxencia e, na Coruña, tamén a Renda Social Municipal. E estes servizos deben potenciarse con achegas da Xunta e o Estado, non recòrtarse e dificultarse coa apropiación de recursos locais. 
Nestas semanas de confinamento a cidadanía está a facer, responsable e valentemente, un esforzo que salva vidas. O xusto é as institucións, a todosos niveis, respondan garantindo o dereito a unha vida digna.

No hay comentarios:

Publicar un comentario