Medio Ambiente desinfecta máis de 800 contedores ao día para
evitar a propagación do Covid-19
A concesionaria de
conterización reforzou e mellorou o servizo de limpeza e desinfección dos
contedores en todos os barrios da cidade
A Coruña, 2 de abril de 2020.- A Concellería de Medio Ambiente, en colaboración
con varias empresas, reforza os labores de desinfección da cidade. A empresa
concesionaria do servizo de contenerización (UTE Atlántica) reforzou e mellorou
o seu servizo de limpeza e desinfección de todos os contedores da cidade,
contribuíndo con estes novos equipos á desinfección xeral da cidade. Cada día
desinféctanse entre 750 e 800 contedores orgánicos e inorgánicos, e entre 50 e
60 soterrados e semisoterrados.
Á súa vez, a empresa construtora Desarrolla ofreceuse
desinteresadamente a sumarse aos servizos de desinfección de espazos públicos
que xa veñen desenvolvendo as tres empresas contratadas pola Concellería de
Medio Ambiente desde o inicio do estado de emerxencia. Os seis equipos da
empresa Desarrolla realizarán o seu traballo de desinfección na vía pública e
mobiliario urbano ao longo dos dez distritos nos que se dividiu a cidade para
facer esta tarefa. Dentro de cada distrito darase preferencia aos lugares onde
exista maior tránsito de persoas: supermercados, entidades bancarias, centros
de saúde, paradas de autobús, residencias de maiores, etc.
Este traballo complementará ao que xa realizan os
equipos contratados por Medio Ambiente e que desenvolven a súa tarefa
diariamente nos mercados municipais, pavillón
dos deportes de Riazor, Cociña Económica, Cáritas, Padre Rubinos, centros
sociais, CEIPs e Escolas Infantís, instalacións peportivas, María Pita, etc.
Son traballos que se realizan desde as 07.00 h da mañá ata as 00.15 h da noite.
Os dous primeiros distritos que abordará Desarrolla, en función da densidade
poboacional, para a desinfección serán o distrito 8 (Catro Camiños, San Diego,
Os Castros, Os Mallos, Juan Flórez e Sardiñeira) e o distrito 9 (Paseo das
Pontes, Riazor, Labañou, Ciudad Xardín, Ventorrillo), pero ningún barrio da
cidade quedará sen desinfectar posto que se desenvolverán estes traballos en
todos eles.
Tamén se procederá a desinfectar os arredores de
todos os centros sanitarios como o Abente y Lago, centro de especialidades do
Ventorrillo, centros de saúde, Teresa Herrera, etc.
Desde a Concellería de Medio Ambiente agradécese
tanto o ofrecemento desinteresado desta empresa da construcción como o magnífico
traballo que están a realizar os equipos das empresas contratadas pola
Concellería.
O concello ofrécelle colaboración ao Sergas na posta en marcha
do hospital de campaña en ExpoCoruña
A
Xunta de Voceiros pasará a realizarse os martes, segundo acordaron esta mañá as
e os representantes de todas as forzas políticas políticas
A
Coruña, 2 de abril de 2020.- A alcaldesa,
Inés Rey, e o concelleiro de Economía,
José Manuel Lage, informaron esta
mañá na Xunta de Voceiros de todas as novas con respecto á situación de
emerxencia polo Covid-19, que estes días teñen como escenario a habilitación
por parte do Sergas dun hospital de campaña en ExpoCoruña.
A rexedora púxose ao dispor da
Xunta para axudar e colaborar na posta en marcha desta infraestrutura como un
novo punto asistencial ás persoas enfermas e recibiu o apoio do resto de
representantes das forzas políticas, ás que informou de todo canto se está a
facer para que o CHUAC teña un apéndice nestas instalacións municipais.
Rey agradeceu o clima construtivo
destas reunións, que pasarán a desenvolverse os martes, de acordo co que
decidiron o conxunto de edís. Ademais, os responsables do Goberno local
recolleron, como vén sendo habitual, as propostas das e dos voceiros, co fin de
mellorar a cobertura que o concello lle está a dar á cidadanía nesta crise.
No hay comentarios:
Publicar un comentario