Traductor

sábado, 18 de abril de 2020

Benestar Social repartiu 10.000 menús do programa bolsa comedor

Benestar Social repartiu 10.000 menús do programa bolsa comedor desde que se iniciou o estado de alarma 

 

O servizo conta con 614 crianzas dadas de alta, das que 85 reciben os menús no seu domicilio grazas ao dispositivo especial de voluntariado do concello e á colaboración de Protección Civil

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, repartiu 10.000 menús dentro do programa bolsa comedor desde que comezou o estado de alarma. As familias beneficiarias poden seguir desfrutando deste servizo, que ademais se reforzou durante a Semana Santa, xa que se seguiron entregando menús durante estas datas festivas en que, se non estivermos en estado de alarma, non se prestaría este servizo.  

O programa Bolsa comedor conta con 614 crianzas dadas de alta, das que 85 reciben os menús no seu domicilio grazas ao dispositivo especial de voluntariado do concello e mais á colaboración de Protección Civil.  Xa que durante o estado de alarma as nenas e os nenos bolseiros non poden comer nos seus centros educativos, as familias deben solicitar ao concello a vontade de recolleren os seus menús no colexio que se lles asigne. Se non puideren abandonar o seu domicilio, activarase o servizo de entrega nos seus fogares.

Os colexios en que está funcionando a repartición dos menús son o Fogar de Santa Margarida, a Grande Obra de Atocha, Víctor López Seoane, María Pita, Raquel Camacho e Salgado Torres. 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario