Traductor

jueves, 23 de abril de 2020

O concello entrégalle ao persoal municipal máis de 32.000 máscaras de protección que lle foron doadas por O Grupo Caamaño


 O concello entrégalle ao persoal municipal máis de 32.000  máscaras de protección que lle foron doadas por O Grupo Caamaño



O Grupo Caamaño doou 32.747 máscaras de protección (cirúrxicas, FFP2 e FFP3), 27.900 pares de luvas, 2.025 pantallas protectoras, 950 traxes de protección, 50 pares de lentes de protección, 26 pulverizadores desinfectantes e máis de 85 litros de desinfectante e hidroxel.
 
A Coruña, 23 de abril de 2020.- O concello comeza a repartirlle ao persoal municipal, de empresas que prestan servizos municipais e concesionarias material de protección que lle doou a empresa Grupo Caamaño. O Grupo Caamaño doou 32.747 máscaras de protección (cirúrxicas, FFP2 e FFP3), 27.900 pares de luvas, 2.025 pantallas protectoras, 950 traxes de protección, 50 pares de lentes de protección, 26 pulverizadores desinfectantes e máis de 85 litros de desinfectante e hidroxel. Esta nova remesa de material que recibe o concello está sendo distribuída do seguinte xeito:

Policía Local: 1.900 máscaras FFP2, 800 máscaras cirúrxicas, 10 traxes de protección, 18 pulverizadores desinfectantes e 3 unidades de hidroxel.

Mercados municipais: 4.300 máscaras cirúrxicas, 100 máscaras FFP2, 3.500 luvas, 200 pantallas protectoras e 3 pulverizadores desinfectantes.

Bombeiros: 510 máscaras FFP2, 15 máscaras FFP3, 50 máscaras cirúrxicas, 75 traxes de protección, 100 luvas, 20 lentes de protección e 5 litros de desinfectante.

Medio Ambiente: 800 traxes de protección, 1.000 luvas, 30 lentes de protección, 1.100 máscaras cirúrxicas, 200 máscaras FFP2 e 1.000 pantallas protectoras.

Servizos Sociais: 5.950 máscaras cirúrxicas, 200 máscaras FFP2, 1.800 luvas, 700 pantallas protectoras e 65 traxes de protección. 
     
Persoal municipal: 20.200 luvas, 5.800 máscaras cirúrxicas, 20 máscaras FFP2 e 50 pantallas protectoras. 

EMALCSA: 1.100 máscaras FFP2 e 100 luvas. 

Asociación de Transportistas: 250 máscaras cirúrxicas.

AVAN: 20 máscaras cirúrxicas e 50 pantallas de protección.

Asociación de Empresarios de Agrela: 150 máscaras cirúrxicas e 25 pantallas protectoras.

Xeriátrico de Eirís: 500 máscaras cirúrxicas (entregadas pola Policía Local). 

Compañía de Tranvías: 6.500 máscaras cirúrxicas. 

Tele Taxi: 2.500 máscaras 

Radio Taxi: 1.600 máscaras 

Concello: 100 máscaras cirúrxicas, 700 luvas e 5 pulverizadores desinfectantes. 

Deportes: 50 máscaras FFP2, 300 luvas e 80 litros de desinfectante. 

Cultura: 12 máscaras FFP2. 

Infraestruturas: 20 máscaras FFP2.

Casa dos Peixes: 100 máscaras cirúrxicas.

Cemiterios: 150 máscaras cirúrxicas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario