A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia pon a disposición do público información básica sobre a súa oferta
Dadas as circunstancias excepcionais que impiden a visita ao seu centro, comparten a información de xeito telemático
Todos os anos por estas datas na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia reciben a grupos de bacharelato e estudantes a título particular (e familiares) interesados en continuar os seus estudos no seu centro.
Dadas as circunstancias actuais non é posible atender estas consultas no centro, polo que poñen a disposición dos usuarios a información:
A Escola atenderá calquera dúbida no teléfono 885 15 97 35 ou no correo acceso@escolaconservacion.gal
O concello repartirá esta semana novo material de protección na rede de mercados municipais
A
alcaldesa, Inés Rey, explicou que ata agora se repartiron nas prazas
200 pantallas protectoras, 3.200 máscaras cirúrxicas e 2.500 luvas para a
seguridade das vendedoras e dos vendedores
Iniciou hoxe unha rolda de visitas por todos os mercados, que seguen
funcionando a pleno rendemento, para coñecer de primeira man a
aplicación das medidas de hixiene e saúde e comprobar o ritmo de
traballo nos establecementos
O concello entregaralles esta semana novo material de protección ás traballadoras e aos traballadores das prazas de abastos municipais para garantir a súa saúde e a seguridade alimentaria. Así llelo comunicou esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, ás vendedoras e aos vendedores do mercado Eusebio da Garda e San Agustín, durante unha visita en que a rexedora puido comprobar que "se segue a traballar a pleno rendemento e que están abastecidos con todo tipo de alimentos". O novo material sumarase ás 200 pantallas, 3.200 máscaras e 2.500 luvas que o concello xa repartira en días pasados.
Acompañada polo concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, a alcaldesa, que iniciou hoxe unha rolda de visitas a todos os establecementos da rede municipal, explicou que os mercados "resisten bastante ben nesta situación de crise sanitaria, manteñen as súas vendas e incrementaron os seus servizos de venda en liña e repartimento a domicilio". Estas últimas medidas, que xa funcionaban nalgunhas prazas antes da pandemia do coronavirus, sérvenlles en certa medida para mitigar o descenso de afluencia da clientela. A visita da alcaldesa permitiulle tamén coñecer como viven as vendedoras e os vendedores esta situación e que novas iniciativas se poden adoptar.
Doutra banda, a alcaldesa sinalou que no caso do Concello da Coruña "estanse a estudar todas as medidas de choque necesarias para reactivar a economía e que se poidan adoptar canto antes co fin de evitar que a situación de crise se faga crónica e teña consecuencias máis graves das que xa ten".
O Goberno local, dixo, implantará actuacións complementarias ás formuladas por outras administracións para limitar o impacto do coronavirus na economía da cidade. A intención do Executivo, insistiu, é axudarlles aos sectores produtivos a sortear a crise.
E farano, sinalou a rexedora, a través dun modificativo de crédito que se acordará con todas as forzas políticas. Os cambios nas partidas "non se basearán en decisións unilaterais do Goberno local senón que buscarán o maior consenso posible".
"Trátase dun labor de cidade, en que debemos traballar unidos", resaltou Inés Rey, quen anunciou que o Executivo xa está a analizar as partidas que poden darse de baixa para dotar outras de maior crédito e que se debaterán na Comisión de Facenda que se realizará a finais desta semana, onde o resto de partidos políticos terán a oportunidade de presentar a súas achegas.
A Universidade da Coruña ofrece unha xornada de portas abertas virtual do 23 ao 24 de abril
A partir do mércores 22 pola tarde, estará dispoñible todo o contido e todos os horarios confirmados
A Universidade da Coruña organiza unhas Xornadas de portas abertas virtuais para amosar os seus títulos a futuros estudantes.
Desde a Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade, coordinadora das Xornadas, púxose en marcha unha páxina web na que alumnado de bacharelato, orientadores e profesorado de institutos, pais e nais e todas as persoas interesadas poden ver a oferta académica da UDC así como diferentes actividades da vida universitaria, opcións de aloxamento nas residencias universitarias públicas da Coruña e Ferrol, a súa oferta de másteres e diversos servizos de interese para o alumnado.
Chats coa UDC
Os blogues de "Xaque ao virus" recibiron máis de 53.000 visitas na última semana
En concreto, o nivel de participación foi de 53.602 visitas realizadas aos blogues desde o 13 ao 19 de abril.
En
canto á resposta das familias, na última semana expuxéronse un total de
27 retos. As familias podían participar respondendo a calquera a dous
tipos de probas (Corpo en Forma ou Mente en Forma) ou a ambas, se así o
desexaban. Aínda que a participación segundo o tipo de proba foi
equilibrada, rexistrouse unha lixeira maioría de participación en próbaa
Mente en forma, cunha 53% fronte ao 47% de participación en próbaa
Corpo en Forma.
Ademais contabilizáronse 121 participacións en 12 videollamadas realizadas a lossiguientes colexios: Manuel Murguía, Mª Barbeito, Mª Pita , Ramón da sagra, Rosalíade Castro, Sal Lence, San Pedro de Visma e Ntro. Sra. do Rosario.
O Xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar ao coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas a superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:
O Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña lanza a campaña "Mollámonos polo libro", en que amosa o seu compromiso co sector do libro e aposta por lles dar acceso á cultura a todos os públicos. Con motivo do Día do Libro, que se conmemora este xoves, a Rede de bibliotecas municipais da Coruña únese ás diferentes manifestacións que se están dando no mundo da cultura para pór en valor este obxecto con tapas e a todas e todos os axentes implicados nel co fin de que non se queden atrás.
Baixo o lema "Mollámonos polo libro", a campaña evidencia a fraxilidade dun sector que vive o seu día grande no medio dunha ameazante tormenta. Por iso, desde os centros bibliotecarios quérenlles lanzar unha mensaxe de unidade e apoio a todas as actrices e actores do mundo do libro.
Esta orixinal iniciativa lidera un programa de actividades dirixidas a todos os públicos que, xunto coa súa programación actual (que se pode atopar baixo o cancelo #BibliotecaenCasa), definirán a adaptación do servizo municipal nun contorno atípico onde os medios de comunicación constitúen un aliado indispensable para que as persoas usuarias se poidan introducir no sistema bibliotecario da cidade.
Ademais da información publicada na páxina web e dunha programación diaria nos espazos virtuais (blogs e perfís de Facebook, Twitter e Instagram), en que se ofrecen recursos formativos e informativos, contacontos e divertidos retos, a rede de bibliotecas municipais impulsa o seu compromiso coa democratización da cultura e cos colectivos non conectados mediante a presentación de programas deseñados para a súa execución en medios de comunicación convencionais.
Deste xeito, as bibliotecas da Coruña presentarán "Lemos para ti", un conxunto de narracións orais que as traballadoras e traballadores dos centros difundirán a través da súa canle de Spotify e na radio, un medio imprescindible para que a cidadanía menos familiarizada coas redes poida desfrutar da literatura.
A
peza audiovisual en que o concello, a través do Consorcio de Turismo,
alenta a cidadanía para afrontarmos xuntos esta crise sanitaria chegou a
243.500 persoas unicamente a través das canles oficiais
A campaña "Miña Coruña", en que o Consorcio de Turismo alenta a cidadanía co vídeo "Somos un faro", acadou as 98.142 reproducións en oito días, cun alcance estimado nas canles oficiais do concello de 243.500 persoas, xa que tamén foi compartido por outras redes como Coruña Cociña ou o Real Club Deportivo de La Coruña, que provocou un aumento considerable de visitas.
Ademais contabilizáronse 121 participacións en 12 videollamadas realizadas a lossiguientes colexios: Manuel Murguía, Mª Barbeito, Mª Pita , Ramón da sagra, Rosalíade Castro, Sal Lence, San Pedro de Visma e Ntro. Sra. do Rosario.
O XOGO
O Xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar ao coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas a superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:
- Proba CORPO EN FORMA: Serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer en casa.
- Proba MENTE EN FORMA: Serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as feixes facilmente.
O Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña “móllase polos libros”
Os
centros municipais lanzan unha campaña polo Día do Libro en que apostan
polo acceso universal á cultura e preparan actividades que difundirán a
través de medios convencionais para lle achegar a lectura á cidadanía
que non se manexa nas redes
O Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña lanza a campaña "Mollámonos polo libro", en que amosa o seu compromiso co sector do libro e aposta por lles dar acceso á cultura a todos os públicos. Con motivo do Día do Libro, que se conmemora este xoves, a Rede de bibliotecas municipais da Coruña únese ás diferentes manifestacións que se están dando no mundo da cultura para pór en valor este obxecto con tapas e a todas e todos os axentes implicados nel co fin de que non se queden atrás.
Baixo o lema "Mollámonos polo libro", a campaña evidencia a fraxilidade dun sector que vive o seu día grande no medio dunha ameazante tormenta. Por iso, desde os centros bibliotecarios quérenlles lanzar unha mensaxe de unidade e apoio a todas as actrices e actores do mundo do libro.
Esta orixinal iniciativa lidera un programa de actividades dirixidas a todos os públicos que, xunto coa súa programación actual (que se pode atopar baixo o cancelo #BibliotecaenCasa), definirán a adaptación do servizo municipal nun contorno atípico onde os medios de comunicación constitúen un aliado indispensable para que as persoas usuarias se poidan introducir no sistema bibliotecario da cidade.
Ademais da información publicada na páxina web e dunha programación diaria nos espazos virtuais (blogs e perfís de Facebook, Twitter e Instagram), en que se ofrecen recursos formativos e informativos, contacontos e divertidos retos, a rede de bibliotecas municipais impulsa o seu compromiso coa democratización da cultura e cos colectivos non conectados mediante a presentación de programas deseñados para a súa execución en medios de comunicación convencionais.
Deste xeito, as bibliotecas da Coruña presentarán "Lemos para ti", un conxunto de narracións orais que as traballadoras e traballadores dos centros difundirán a través da súa canle de Spotify e na radio, un medio imprescindible para que a cidadanía menos familiarizada coas redes poida desfrutar da literatura.
O vídeo da campaña “Miña Coruña” supera as 98.000 reproducións en oito días
A campaña "Miña Coruña", en que o Consorcio de Turismo alenta a cidadanía co vídeo "Somos un faro", acadou as 98.142 reproducións en oito días, cun alcance estimado nas canles oficiais do concello de 243.500 persoas, xa que tamén foi compartido por outras redes como Coruña Cociña ou o Real Club Deportivo de La Coruña, que provocou un aumento considerable de visitas.
A iniciativa reforza a importancia de afrontarmos xuntos esta crise
sanitaria, á vez que recorda que falta menos para desfrutar da cidade e
dos seus recursos. En concreto, despois de subilo fai oito días, en
Facebook contabilizáronse 30.000 reproducións entre as dúas versións en
galego e castelán, por parte de 105.200 persoas usuarias, mentres que en
Twitter foron 41.400 as veces que se visualizou a peza por parte de
103.715 seguidoras e seguidores. En Instagram foi visto por 22.933
persoas usuarias en 15.142 ocasións e en Youtube rexistráronse 11.600
reproducións.
A campaña amosa imaxes da Coruña cunha mensaxe esperanzadora para levar mellor este período de confinamento e nela o concello agradece o traballo e a solidariedade dos colectivos profesionais e da veciñanza en xeral. O vídeo, que se pode ver en https://youtu.be/tErwAX5NZEQ, dura un minuto e 12 segundos e busca enxalzar os valores atlánticos da urbe, coa luz da Torre de Hércules como eixe central.

No hay comentarios:
Publicar un comentario