A Policía local contará con 64 axentes máis antes do vindeiro
verán
Oito
novos efectivos, que están xa no período de prácticas, sumaranse ao cadro de
persoal, que ten varias convocatorias pendentes de 30 e 25 prazas.
A Coruña, 22 de xullo
de 2019.-
A Policía local de A Coruña contará
antes do próximo verán con 48 axentes, 12 oficiais e 4 inspectores, o que suma
un total de 64 novos profesionais aos que haberá que engadir futuras vacantes
de convocatorias que sairán debido a promocións internas e xubilacións.
Este aumento do cadro de persoal arrancou hoxe coa
presentación de oito policías da AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública),
que foron recibidos pola alcaldesa Inés Rey e o responsable de Seguridade
Cidadá, Carlos García Touriñán, no Concello. A rexedora amosou a súa
disposición a colaborar co colectivo como “cidadá normal” que é e tamén por ser
a concelleira de Seguridade Cidadá. Os oito efectivos están realizando na
actualidade as prácticas, dentro do curso formativo obrigatorio que terán que
superar para seren nomeados funcionarios de carreira. Nesta mesma oferta que
sacou a AGASP e que está pendente de realizar a oposición libre, o Concello
delegou mediante o convenio coa Xunta a oferta de 30 prazas. Por outra parte,
está rematando a oposición por promoción interna dun novo inspector.
Previamente á publicación en xuño no BOP das bases
das convocatorias, o xoves 18 de xullo anunciáronse no DOG outras 25 prazas de
policía local, quedando pendente, de que se fagan público no BOE para abrir un
prazo de presentación de instancias para os interesados. Serán, en total, 10
prazas de policía do corpo da policía local (persoal funcionario de carreira,
turno mobilidade), 12 de oficial (10 por promoción interna e dúas por
mobilidade) e tres de inspector (dúas por promoción interna e unha por
mobilidade).

No hay comentarios:
Publicar un comentario