A Policía Local reforza a súa presenza no Orzán para controlar
os ruídos
Os axentes pasarán habitualmente
pola zona co fin de asegurar que se cumpren os horarios e que os usuarios que
saen fóra respetan as normas de convivencia
A Coruña, 26 de xullo de 2019.- A Policía Local reforza a súa presenza na zona do
Orzán por mor das demandas dos veciños que se queixan de que teñen que soportar
ruídos ata altas horas da madrugada. Para evitar estes prexuízos, haberá máis
axentes nas rúas conflitivas co fin de asegurar a convivencia entre os
residentes e os clientes dos locais.
En concreto, esta mañá acudiron a varios locais para
comprobar que estaban cumprindo cos horarios e que os usuarios respetaban a
tranquilidade da zona. Nun deles, foron avisados porque ao parecer estaba
habendo unha discusión entre un grupo, pero cando chegaron ao pub estaba
pechado e eles non estaban causando ningún altercado. Desde a Policía Local,
mandarán de forma habitual patrullas todos os días para ter controladas tanto a
rúa Orzán como Socorro e as anexas que conectan entre ambas.
A lei de tabaco que conleva a que os fumadores saian
fóra e o bo tempo son as razóns das molestias ocasionadas, polo que os
efectivos tratarán de evitar que a clientela lle produza trastornos aos veciños
que viven nos puntos de marcha.

No hay comentarios:
Publicar un comentario