A Marea
Atlántica pídelle ao goberno municipal que estude a fondo o presunto sobrecusto
de Riazor antes de asumir o pago
Foto do RCDeportivo
Na Comisión de Facenda celebrada
hoxe, Iago Martínez requeriulle ao goberno que actúe con “prudencia” antes de
cargar nas arcas municipais o pago de case un millón de euros adicional
O grupo municipal da Marea Atlántica solicítalle ao
goberno do PSOE que analice a fondo o presunto sobrecusto de 943.000 euros
correspondentes á obra do Estadio de Riazor e determine claramente se é o
Concello o que debe facerse cargo antes de levalo ao vindeiro Pleno dentro dun
modificativo de crédito. O concelleiro Iago Martínez reiterou esta postura na
Comisión de Facenda celebrada esta mañá, na que se abstivo á espera dos pasos
que poida dar o executivo nos vindeiros días.
O vicevoceiro
municipal da Marea Atlántica lembrou que “non se debe asumir un sobrecusto do
12% sobre o total da obra de Riazor sen aclarar antes as responsabilidades, e o
goberno non está a xustificar debidamente por que é o Concello e non a empresa
adxudicataria do proxecto e a obra quen debe facerse cargo deste incremento”.
Iago Martínez engadiu que “ante as advertencias do
grupo municipal da Marea Atlántica, o goberno municipal anunciou nos medios de
comunicación a semana pasada que abriría unha investigación sobre a factura
dese sobrecusto. A prudencia aconsellaría investigar primeiro e tramitar
despois, xusto ao revés do que se está a facer. E, dende logo, tamén sería bo
facilitarlle á comisión os resultados desa investigación antes de pedirlle que
ditamine un asunto”.
O resto dos asuntos que estaban incluídos no
modificativo, como son o recoñecemento extraxudicial e o pago de facturas
pendentes de anos anteriores, non presentan dúbidas. Entran dentro das
prácticas normais nunha administración local.
“En todo caso, o goberno ten que lembrar que a suma
de maiorías plenarias depende do diálogo previo coas forzas que teñen os votos
necesarios. E nin esta Comisión de Facenda nin a Xunta de Goberno Local na que
anteriormente se aprobou o modificativo tiveron ese diálogo. Non é o mellor xeito de comezar o
mandato, pero hai tempo abondo para mellorar e coidar o marco de cooperación”,
engadiu Iago Martínez. Falta de documentación e atraso na dotación dos grupos
Doutra banda, o vicevoceiro da Marea Atlántica ao
concelleiro de Faceda, o socialista Lage Tuñas, que facilite aos grupos
municipais toda a documentación dos asuntos a ditaminar no intre de convocar a
comisión, para que os grupos poidan facer o seu traballo, cousa que non
aconteceu desta vez. “Son erros até certo punto comprensibles nun goberno que
comeza, dentro dos cen días de graza, pero deben corrixirse”.
Tamén é necesario lembrar que, case tres semanas
despois do Pleno de Organización, o grupo municipal da Marea Atlántica carece
aínda de medios materiais suficientes para desenvolver o seu traballo, e segue
á espera do nomeamento do seu persoal de apoio, tanto eventual como
administrativo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario