O Concello estudará a posibilidade de habilitar ao baño no
Parrote sempre
que a calidade da auga o permita, teña
un posto de salvamento e balizas de seguridade
A prohibición do baño nas augas
portuarias do Parrote acordouna a comisión de seguimento do Concello e Porto no
mes de abril
A Coruña, 29 de xullo
de 2019.- O goberno local estudará co Porto a
posibilidade de abrir a zona ao baño sempre que o permita a lexislación vixente.
Para iso o espazo debería ter un posto de salvamento do mesmo xeito que nas
praias da cidade e con balizas que separasen aos bañistas do tráfico marítimo.
Asemade, a calidade das augas debería ter o visto bo dos técnicos municipais.
A sinalización que colocou hoxe o Porto sobre o baño
no Parrote, e noutros espazos da costa, acordouna polo anterior executivo local
e pola entidade portuaria na comisión de seguimento do pasado mes de abril. Así
o confirman os técnicos do departamento de Seguridade Cidadá, que aseguran que
a responsabilidade é compartida por ambos os entes públicos e que o espazo non
conta coas medidas de seguridade suficientes que garantan o benestar dos
bañistas.
Deste xeito, con carácter xeral, o baño en zonas
portuarias está prohibido tanto pola lexislación estatal, como autonómica, que
regula os usos portuarios. Nalgunhas circunstancias permítese o baño (en zonas
delimitadas e balizadas) cumprindo varios requisitos entre os que cabería
destacar a dotación de socorristas e a certificación de que a auga é apta para
o baño.

No hay comentarios:
Publicar un comentario