Inés Rey comprométese co comité de empresa de Alcoa a loitar
polo futuro da planta máis aló de agosto do 2021
A alcaldesa, Inés Rey, demanda un proxecto a longo prazo para a
factoría da Coruña máis aló dos dous anos garantidos polo fondo suízo Parter
A
Coruña, 24 de xullo de 2019.- A alcaldesa,
Inés Rey, trasladou ao comité de empresa de Alcoa a súa intención de seguir
loitando polo futuro da planta máis aló dos dous anos que garante o comprador.
Así llo comunicou ao seu presidente, Juan Carlos López Corbacho, durante un
encontro que tivo lugar en María Pita no que o responsable dos traballadores
lle comunicou que viaxarán a Madrid o próximo día 31 de agosto para constatar a
compra de Alcoa.
Rey sempre defendeu e pelexou co Goberno de España a
viabilidade da fábrica e os postos de traballo. E manifestou que, tanto ela
como a Corporación, seguirán loitando pola continuidade da empresa máis aló dos
dous anos que garante o novo comprador.
“Queremos un proxecto de futuro para a fábrica que
asegure os postos de traballo e o sector industrial da Coruña e a súa comarca”,
“queremos un proxecto a longo prazo por parte de Parter, porque a planta da Coruña é rendible”,
apuntou.
Para iso, negociará co Goberno de Pedro Sánchez, quen
xa manifestou, dixo, o seu total compromiso coa viabilidade de Alcoa. Un
compromiso que se verá reflectido na aprobación do estatuto electrointensivo que fixará un prezo
alcanzable e estable da enerxía eléctrica para que os custos non sexan tan
elevados e que dará seguridade ao sector.
Rey asegurou que o Goberno achegará
unha solución definitiva parta a continuidade de
Alcoa “unha vez que Pedro Sánchez sexa nomeado
presidente e se retóme o estudo do canon que recollía xa as alegacións
presentadas polos traballadores e que está a ser estudado pola asesoría
xurídica”.
A alcaldesa pide a implicación de todas as forzas
políticas, Estado e Xunta para conseguir un proxecto de futuro para a planta
“neste tema non hai cores políticas, non hai lugar para as discrepancias”, “temos que ter todos unha
posición clara sobre o futuro da nosa industria”, sinalou.
Os traballadores de Alcoa viaxarán a Madrid onde está
previsto que se faga efectiva a compra da factoría tras nove meses de traballo
e negociacións desde que se anunciou o peche da empresa por parte da
multinacional estadounidense ata que se atopou un comprador.

No hay comentarios:
Publicar un comentario