O Concello implanta melloras de saneamento e iluminación en
Feáns
A
alcaldesa Inés Rey e o concelleiro Juan Manuel Díaz Villoslada comprometéronse
cos veciños a incorporar novos elementos de xogos no parque infantil do centro
cívico
A Coruña, 24 de xullo
de 2019.-
A alcaldesa Inés Rey e o concelleiro
de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, visitaron esta mañá Feáns, onde o
Concello está a executar obras de saneamento coa conseguinte canalización de
augas pluviais e fecais.
A rexedora e o edil atenderon ás demandas dos residentes e
comprometéronse a instalar nova iluminación no barrio para garantir a
seguridade na zona. Do mesmo xeito e despois de percorrer o lugar, contemplan a
renovación do pavimento en certos puntos nos que o tránsito peonil é complicado
e perigoso.
As melloras do Goberno local atinxirán tamén ao parque
infantil próximo ao centro cívico, no que se incorporarán novos elementos de
xogos para os cativos. O Concello poñerase en contacto cos veciños nos
vindeiros días para concretar as necesidades máis urxentes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario