O grupo municipal da Marea Atlántica, coa intención de defender os intereses municipais, presentará unha emenda ao modificativo de crédito que o goberno municipal levará mañá a un Pleno Extraordinario, relacionada co presunto sobrecusto das obras do Estadio de Riazor. Solicitaremos que o pagamento da factura de 943.000 euros presentada pola empresa responsable dos traballos se condicione a unha depuración previa do expediente na que se dirima que gastos son imputables ao Concello e que gastos deben ser imputados á empresa contratista.
Deste xeito, a aprobación do suplemento de crédito no pleno deste 31 de xullo non suporía automaticamente o pagamento da factura. Primeiro sería necesario concluír a investigación e solicitar todos os informes necesarios, sexan técnicos, sexan orzamentarios, tanto internos como, se procede, externos. Cómpre lembrar que a adxudicataria foino ao mesmo tempo da redacción do proxecto e da execución das obras. Tras negociar co goberno municipal, acordamos que esta é a vía que mellor defende o interese xeral da Coruña, xa que impón a prudencia na valoración do presunto sobrecusto sen impedir o recoñecemento extraxudicial e o pagamento de facturas pendentes de anos anteriores, tamén incluídos no modificativo.
Desde a Marea Atlántica queremos fuxir do bloqueo partidista do que abusou a oposición no mandato anterior. Contamos con que o Partido Socialista apoiará esta emenda no Pleno, na medida en que a emenda introduce maiores garantías ante o pagamento de case un millón de euros das arcas municipais. Os cartos públicos deben xestionarse sempre desde o sentido común.
Á ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DA CORUÑA
O Grupo Municipal da Marea
Atlántica, a través do seu voceiro adxunto, D. lago Martínez Durán, formula a
seguinte EMENDA á aprobación do "Expediente
M2/2019 de concesión de créditos extraordinarios para recoñecementos
extraxudiciais de obri as su lemento de crédito e modificación da relación de
investimentos", para se inclúa o seguinte:
"A aprobación do suplemento de crédito para a
aplicación 50.342.63206 (Rehabilitacións de instalacións deportivas), prevista
para dotar crédito suficiente destinado á "Certificación n e 9
e final da reforma e conservación da cuberta e estrutura metálica das bancadas
de Riazor, así como dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde
das obras", non prexulga en ningún caso a aprobación dese gasto.
A tramitación da factura e certificación final
queda condicionada á depuración das unidades de obra que se imputan como
desviacións respecto dos importes consignados no proxecto, para determinar
cales deben ser imputables ao orzamento municipal e cales, no seu caso, son de
responsabilidade da contratista. Ademais desta depuración, solicitaranse todos
os informes técnicos e orzamentarios, tanto internos como, se procede,
externos."
A Coruña, 30 de xullo de 2019
Fdo. lago Martínez Durán
Voceïro adxunto do Grupo Municipal da Marea Atlántica
No hay comentarios:
Publicar un comentario