A rúa Casares Quiroga gaña en accesibilidade e espazos verdes
tras a reforma
A alcaldesa Inés Rey e o concelleiro Juan Manuel Díaz
Villoslada comprobaron de primeira man o resultado da actuación
A Coruña,
25 de xullo de 2019.- A alcaldesa Inés Rey
e o concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, visitaron a rúa
Casares Quiroga que xa está operativa ao tráfico despois dunha reforma que
consistiu na rehabilitación do pavimento, o cambio de firme de asfalto por unha
celosía con céspede e a adecuación da contorna con máis metros cadrados de
zonas verdes e a ampliación das beirarrúas.
Ademais, tamén se acometeron
melloras na rede de pluviais.
A rexedora destacou que a
actuación reverte nunha maior accesibilidade na zona e unha estética que fai o
paseo máis agradable. Este enclave da segunda fase do Polígono de Elviña estrea
tamén elementos de mobiliario como papeleiras e conta con novas árbores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario