Xiao Varela e Claudia Delso e lembraron que os proxectos
do polideportivo do Castrillón e a área infantil da praza da Concordia quedaron listos para comezar este
ano
As concelleiras da Marea Atlántica, Claudia Delso e Xiao
Varela, reuníronse esta semana con representantes da Asociación Veciñal Castrillón
Urbanización Soto - IAR para recoller as súas demandas e dar conta das
actuacións no barrio que o anterior goberno municipal deixou preparadas para
comezar este mesmo ano.
Entre todas elas, salienta o polideportivo do barrio, prometido hai 20 anos, que conta con 2,5 millóns de euros no Orzamento
—a pesar dos atrancos que a oposición puxo no mandato anterior— e está xa listo
para ser licitado a través da empresa municipal Emvsa. O proxecto contará con
piscina e zona seca, e será 100% público.
Ademais, quedou listo o proxecto para dotar á praza
da Concordia dunha área infantil
longamente demandada. Ten un orzamento de 250.000 euros, e atópase en proceso
de licitación desde o 3 de maio. De igual xeito, a praza interior de José María
Hernansáez agarda por unha reurbanización que lle permitirá ao barrio gañar
un espazo público moi necesario. . En abril deste ano o Concello adquiriu unha
parcela privada que obstaculizaba o proxecto, e que agora pode acometerse cando
haxa vontade política.
O Castrillón tamén está a espera de beneficiarse dunha mellora
da iluminación pública, con criterios de eficiencia
enerxética. A instalación de tecnoloxía LED nos puntos de luz do barrio
mellorará a súa calidade e suporá un importante aforro, cun proxecto en fase de
contratación desde o 27 de abril.
De igual xeito, é importante lembrar que o barrio ten varias
propostas aprobadas na vixente edición dos Orzamentos Participativos, que están á
espera de que o goberno municipal active a súa fase de apoios. A vontade da
veciñanza Trátase de ideas como a instalación dunha ludoteca no centro cívico
do Castrillón, un ximnasio ao aire libre no parque de Oza, a humanización da rúa Rafael Bárez, ou a reordenación do
tráfico no cruce entre as rúa Bergondo e a avenida Casanova de Eirís.
Compromiso co barrio
No anterior mandato, o goberno da Marea Atlántica realizou varias
actuacións no barrio do Castrillón, que respondían a demandas da veciñanza
longamente ignoradas. É o caso da reurbanización das rúas Montiño e Monte das
Moas ou a construción dunha beirarrúa no Camiño da Igrexa. Tamén se
desenvolveron varios proxectos aprobados nos Orzamentos Participativos dos
últimos anos, como a instalación de equipamento biosaudable na praza de Pablo
Iglesias, a elevación do paso de peónse fronte ao colexio Fernández Latorre e a
plantación de árbores fronte ao mesmo centro educativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario