O Concello aposta por darlle apoio á Banda Deseñada ao longo do
ano
A Coruña, 5 de agosto de 2019.- A alcaldesa
Inés Rey acudiu esta tarde á inauguración do salón internacional Viñetas desde o Atlántico, que dará boa conta
ata o domingo do momento actual da Banda Deseñada a nivel estatal e
internacional coa presenza de autores consolidados e outros que mesturan o
xénero con outras artes e que estarán esta semana compartindo a súa experiencia
na cidade.
A rexedora destacou que a edición deste ano está
marcada pola orixinalidade á hora de presentar as propostas en papel, de contar
historietas que van máis alá da forma habitual de traballalas.
Rey falou do compromiso do Concello por afianzar a
cita co fin de respaldar ao colectivo para que siga a ter no salón un espazo
onde achegar as súas novidades, pero tamén ao longo do ano e tratar de evitar
así que os ilustradores e guionistas emigren ou abandonen a profesión por falta
de oportunidades. Do conseguido, a alcaldesa agradeceu ao director do festival,
Miguel Anxo Prado, o feito de converter Viñetas desde o Atlántico nun evento
que forma parte do verán coruñés e por facer que sexa de todos xa que o salón
naceu e medrou con esa idea de non acotar público e alimentar aos entendidos e
aos que non o son.
Da situación actual, falou o director do festival,
Miguelanxo Prado, quen remarcou a
madurez dunha linguaxe que se dirixe a públicos máis
específicos, que discorren por estradas secundarias e, ao mesmo tempo, a un
amplo espectro, que camiñan por autoestradas, de maneira que uns e outros fan
que o ecosistema sexa neste momento moito máis rico e plural.
Nesa teima por evolucionar, os autores desta entrega, dos que repasou as súas
traxectorias, van a outras formas de encarar a creación. Distintas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario