O Concello pídelle á Xunta que revise conxuntamente con Mobilidade o proxecto de explotación de liñas para o seguinte
decenio
Foto la Voz de Galicia
Mobilidade ve necesarias
reunións periódicas co Goberno autonómico para consensuar un plan que sufriu
modificacións e do que precisan máis información dada a repercusión que terá no
tráfico da cidade, tras o aumento de 20 liñas
A Coruña, 2 de agosto de 2019.- A
Concellaría de Mobilidade pide á Xunta que se reúna co Concello para definir o
proxecto de explotación dos servizos públicos de transporte regular dada a
repercusión que terá na cidade nos próximos dez anos e que na actualidade está
en fase de exposición pública. O Concello ve necesaria unha negociación
conxunta antes de que se saque a concurso, polo que solicitan que desde o
Goberno autonómico se aumente o período de tempo estipulado para presentar
alegacións co fin de analizar conxuntamente e en profundidade os cambios
efectuados, xa que o plan difire do vixente de accesibilidade do transporte
metropolitano á cidade.
O documento ao que teñen acceso
desde Mobilidade tampouco inclúe unha comparativa entre o existente e a nova
proposta da Xunta e isto dificulta o estudo de cara a saber cales son as
modificacións reais da mesma. Polo miúdo, a concellaría denota un aumento das
liñas previstas e a incorporación de dúas circulares que non había no actual.
Descoñecen, por tanto, como afectará ao tráfico a presenza de alomenos 20 liñas
máis, segundo interpretan da documentación.
A idea é planificar en consenso un servizo do que desapareceron liñas e
no que detectaron outras novas, incluso no que algunhas se duplicaron. Á vista
do seu alcance a nivel de tráfico, desde o departamento demandan máis
información ao respecto porque pode interferir na propia dinámica urbana xa
saturada en Entrexardíns, onde fan parada os autobuses. Sinalan que cada vez
máis é necesario abordar unha reordenación xeral do transporte público de forma
sistemática entre os entes locais implicados e a Xunta. Por iso, cómpre o
máximo diálogo para mellorar substancialmente a mobilidade da cidade, tendo en
conta a posta en marcha da estación intermodal como intercambiador principal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario