O
Goberno local amosa o seu total respaldo os traballadores de Isowat
A rexedora comprometeuse a traballar co Estado e a Xunta na
procura dunha solución que garanta os postos de traballo e a produción na
factoría coruñesa
A Coruña, 7 de agosto de 2019.-
A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá co comité de empresa de Isowat para
informarse da situación actual do persoal da factoría coruñesa dedicada ao
deseño e fabricación de compoñentes eléctricos e situada na Grela.
A alcaldesa amosou a súa preocupación
pola difícil situación que atravesan os traballadores, e ofreceulles o seu
total apoio na defensa da continuidade da planta de Isowat na Coruña.
Os empregados de Isowat na Coruña
expresáronlle á rexedora a súa preocupación pola tardanza en garantir a
continuidade da planta da Coruña, que continúa recibindo pedidos de clientes
importantes.
Inés Rey sinalou que o goberno local
respaldará as acción dos sindicatos para defender os empregos e garantir o
futuro dunha empresa do sector industrial que xera actividade económica e
empregos de calidade na cidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario