Unha exposición na biblioteca de
Monte Alto recrea o universo pirata dos Playmobil
A exposición foi proposta por
Rodrigo, un rapaz dos Castros de 11 anos que colecciona as figuras desde os
catro e que ten xa sobre 1000
A Coruña, 8 de agosto de 2019.- A biblioteca
de Monte Alto, Vereda do Polvorín s/n-3.º andar, inaugurou esta mañá unha
exposición sobre piratas feita con figuras de Playmobil. A iniciativa da mostra
procede do dono destes xoguetes, un rapaz de 11 anos chamado Rodrigo, que
explicou no acto como naceu a súa afección por xuntalos e como foi quen de
facerse cos modelos máis difíciles porque na casa tiña os galeóns antigos do
seu pai. Hoxe, o resultado pode verse no centro bibliotecario do barrio, onde
permanecerá aberta ata finais de agosto.
Na exposición, está unha selección das mil que ten o
cativo, incluídos os barcos e as illas antigas e murallas, as pezas máis
valiosas e que en parte gardaba o seu proxenitor, quen lle transmitiu a
devoción polos Playmobil. Rodrigo explicou que con catro anos descubriu unha
caixa chea deles e “quixen máis e máis”. Son, polo tanto, dúas xeracións
movidas por un gusto en común polo mundo fantasioso que leva construíndo a
firma alemana desde o século pasado.


No hay comentarios:
Publicar un comentario