O PSOE renuncia a defender o público ao paralizar a
municipalización das bibliotecas
María García: “O goberno bota pola borda tres anos de traballo
xurídico para enfrontarse a austeridade que nos impuxo Rajoy”
O emprego estaba garantido nun proceso que tería mellorado o
servizo e aforrado 300.000 euros ao ano para as arcas municipais.
O grupo municipal da Marea
Atlántica valora como unha falta de valentía política a decisión do goberno
local de paralizar o proceso de recuperación para o público de toda a rede de
bibliotecas municipais da Coruña. A nosa A nosa voceira, María García, sinala
que “deste xeito, o goberno bota pola borda tres anos de traballo xurídico e
unha vía para enfrontarse ás leis de austeridade impostas por Rajoy, e que
podía servir de exemplo noutros concellos e institucións. Pero Inés Rey, coma
Pedro Sánchez, parece que non está disposta a desafiar as privatizacións”.
A renuncia supón deixar as bibliotecas do Centro
Ágora, Fórum Metropolitano, Sagrada Familia, Os Rosais e Durán Loriga en mans
de empresas privadas, un modelo que non só establece inxustas diferenzas
laborais e de servizo, con graves problemas de funcionamento, senón que é máis
caro: custa 300.000 euros máis ao ano.
“Non entendemos que se empreguen os postos de traballo
como escusa, cando estaba garantidos na municipalización, a través da
subrogación na empresa municipal Emvsa”, explica María García. E engade que se
faría “dun xeito semellante á recuperación dos parques comarcais de bombeiros
levada a cabo pola Deputación da Coruña e a Xunta”.
Xa o 8 de maio deste ano, o PP e o PSOE uniron os
seus votos para bloquear a recuperación para o público de todas as bibliotecas
municipais da Coruña. Impediron o cambio dos estatutos de Emvsa para que se
puidera facer cargo da xestión das bibliotecas, mellorando o servizo,
garantindo o emprego e as condicións de traballo, e aforrando 300.000 euros ao
ano. É difícil de entender que a aposta do PSOE da Coruña sexa o bloqueo .
Renuncia a abrir camiño nas
municipalizacións
A vía que o Concello da Coruña comezou no mandato
anterior podía ter sido un precedente para outras administracións, similar á
que se abriu coa Renda Social Municipal, que pasou de ser “imposible” a ser imitada noutros municipios.
Defender o público require valentía. O proceso de municipalización, complexo e
traballado, contaba con informes favorables da asesoría xurídica municipal e do
oficial maior do Concello, que defendían a súa viabilidade. Pero o goberno do
PSOE prefire atender ao único informe desfavorable, emitido polo secretario
municipal, que non é vinculante.
Non se pode esquecer, tampouco, que os procesos de
contratación levados a cabo polo PP aproveitando esta “vía privada” están
xudicializados e motivaron un rexistro policial da sede da Concellea de
Cultura no ano 2016.

No hay comentarios:
Publicar un comentario