Traductor

viernes, 2 de agosto de 2019

“Sistema Escoita”


Deportes activará na tempada
2019-20 o “Sistema Escoita”, un proxecto para facilitar a
accesibilidade das persoas con discapacidade visual
                        Foto de Riazor.org

A novidade consistirá en facilitar dispositivos (inicialmente no estadio municipal de Riazor e no Pazo dos Deportes), que permitirán facer un seguimento íntegro das competicións que teñan lugar na cidade

A Coruña, 2 de agosto de 2019.- A Concellaría de Deportes poñerá en marcha este ano o “Sistema Escoita” para facilitar a accesibilidade nos eventos deportivos da cidade ás persoas con discapacidade visual, que necesitan de soportes sonoros que os guíen sobre o que está a ocorrer en todo momento, podendo así desfrutar dos mesmos plenamente. Un proxecto pioneiro no camiño de favorecer a accesibilidade aos eventos deportivos. O proxecto, no que está inmerso o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Coruña, o R.C. Deportivo e que vinculará á Universidade da Coruña desde a facultade de Comunicación Audiovisual, así como a recoñecidos profesionais da comunicación radiofónica, naceu  despois de comprobar que as radios comerciais non enchen completamente as necesidades audiodescritivas dos espectadores con necesidades sensorias visuais, xa que o audio chega aos oídos con retraso, ademais dos paróns que se fan desde as emisoras para dar paso á publicidade ou a distintas desconexións. 

“Escoita” consistirá nun equipo transmisor, dotado con micrófono ou microauricular para o narrador, así como de equipos portátiles, tamén con auricular ou microauricular, para as persoas que escoiten a retransmisión. Para optimizar o son e combinalo co sonido ambiental que rodea aos eventos, se establecerá un protocolo de uso similar ao que prestan os museos ou para o que existe no caso de necesidade de cadeiras de rodas. 

A Concellaría de Deportes voltarase a reunir cos promotores da idea en setembro de cara a implantar o “Sistema Escoita” nos vindeiros meses e que non haxa ningún tipo de barreiras á hora de facer un seguimento total en vivo e en tempo real, in situ, das distintas competicións deportivas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario