JORQUERA
EXPRESA O TEMOR DE QUE A TENSIÓN ELECTORAL, PRODUTO DA “INCAPACIDADE
DE DIÁLOGO DOS PARTIDOS ESTATAIS”, SE TRASLADE AO CONCELLO E SUMA
A CORPORACIÓN NA PARÁLISE
A
Coruña, a 24 de setembro de 2019. Os
avatares da política estatal, marcados pola tensión entre as forzas
políticas de ámbito español e a súa incapacidade para dialogar,
poden trasladarse ao concello e sumir a institución local “nunha
parálise”, xusto o “que menos necesitan as e os cidadáns”.
Nestes termos expresouse este martes
Francisco Jorquera durante a tertulia política semanal de Onda Cero
Coruña.
“Quero
expresar o temor de que o adianto electoral, froito da
irresponsabilidade e a incapacidade de diálogo mostrada polos
partidos estatais, suma o concello na parálise”, dixo o portavoz
do grupo municipal do BNG.
Jorquera ve o goberno municipal en
período de rodaxe, o que ten certa lóxica sendo que é un executivo
novo e que pór a andar a maquinaria do concello reviste a súa
complexidade. Mais é ben que ese período de rodaxe acabe xa e o
gabinete local comece a coller impulso. Nese sentido, anunciou
Jorquera que nos próximos días BNG e PSOE reunirán por vez
primeira a comisión de seguimento para verificar o grao de
cumprimento do acordo que asinaron en xuño para viabilizar a
investidura de Inés Rey.
“Temo
que esa tensión e incapacidade de diálogo entre as forzas estatais
se traslade ao concello e prorrogue ese período de rodaxe en que
aínda está a corporación. A cidade non se pode permitir iso. O BNG
desde logo vaise esforzar para contribuír a que o concello colla
impulso e non caia na parálise”, concluíu Jorquera.

No hay comentarios:
Publicar un comentario