Traductor

miércoles, 25 de septiembre de 2019

Xunta de Goberno Local


O Goberno local dá luz verde á primeira modificación do PXOM para garantir os accesos á Intermodal




A Xunta aproba mañá a nova comisión asesora do PEPRI, e fixa o 7 de outubro e 25 de febreiro como festivos locais para 2020
  
A Coruña, 24 de setembro de 2019.- A Xunta de Goberno Local aprobará mañá unha modificación puntual do Plan Xeral no polígono 029 A Sardiñeira, que abarca a zona situada entre a avenida da Sardiñeira e a de Arteixo. Trátase do primeiro dos dous cambios urbanísticos necesarios para garantir os accesos de autobuses á Intermodal cun vial que comunicará ambas as avenidas.
A nova vía, pola que poderán circular coches e autobuses, servirá para reforzar os accesos ao tempo que favorecerá o tránsito de peóns e bicicletas nun carril exclusivo.
Ademais, a actuación, que ordeará a edificabilidade en tres bloques de vivendas con distintas alturas, recolle a construción dunha gran plaza con espazos verdes. Deste xeito, o Concello afronta a súa parte no proxecto de construción da Intermodal: adaptar a normativa urbanística ao proxecto para garantir os accesos e realizar obras de urbanización da contorna que melloren a zona.


Outras modificacións do Plan Xeral

Canto ás modificacións do Plan Xeral no polígono de Vío e no ámbito do Paseo Marítimo na antiga cetaria Otamar, ambas as dúas están motivadas por recursos xudiciais presentados contra a aprobación definitiva do documento. No caso de Vío, a sentenza do TSXG obriga ao Concello a recoller a ordenación do plan parcial do polígono de Vío xa executado (o Plan Xeral de 2013 alterábaa). Concretamente afecta ao vial 5 do plan parcial e á edificabilidade de 5 mazás. 
No caso da cetaria Otamar, o Concello ten que modificar a servidume de costas proposta polo Plan Xeral para reducila ao mínimo obrigado que son 20 metros. Mantense aínda así o  uso como espazo libre da parcela da cetaria, e incorpórase ao Plan Xeral unha acción para poder expropiala e executar a zona verde nese tramo.


Comisión PEPRI

Por outra banda, a Xunta local dará luz verde á renovación da composición da comisión asesora do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Peixaría PEPRI. É un asunto de trámite xa que é necesario modificala cando cambia o executivo local. O Goberno informa de que continuarán na comisión os tres expertos designados polo Concello; o arquitecto Alfonso Díaz Sevilla, o arqueólogo Felipe Arias Vilas e o historiador Alfredo Vigo Trasancos. Ademais, está previsto que a directora da área de Urbanismo, María Hernández, substitúe na presidencia da comisión ao concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, mentras que como vogais municipais son designados os encargados e responsables da tramitación de solicitudes. En canto os técnicos da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta, son elixidos polo seu órgano competente e o Goberno xa solicitou o seu nomeamento.

Licenzas urbanísticas

A Xunta de Goberno Local tomará coñecemento das 33 licenzas urbanísticas concedidas entre o 5 e 18 de setembro de 2019. Ademais resolvéronse 101 expedientes de obras en réxime de comunicado e 44 en réxime de comunicación previa.
Entre outros asuntos, destacan dúas autorizacións de proxecto básico e de execución, unha prórroga de permisos urbanísticos, unha de primeira ocupación, e dúas de desistimento.

Recursos

O Concello leva a Xunta de Goberno Local varios recursos xudiciais entre os que destacan o da compañía Enersol Eólicas, S.L contra a taxa de recollida e tratamento do lixo do ano 2018, tres da Compañía de Tranvías; dous polo pago do mantemento e conservación das instalacións do tranvía no marco do contrato para a prestación do servizo de transporte público mediante tranvías no período 2011-2017, e outro polo pago de facturas ordinarias que consideran que o Concello debe abonar para asumir a parte do financiamento da tarxeta Millennium e bonos sociais que lle corresponde no periodo de outubro de 2017 a decembro de 2018.


E tamén a Xunta de Goberno Local abordará o recurso presentado por Autos Cal Pita, SA contra o convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e os Concellos de A Coruña e Oleiros para a coordinación dos servizos de transporte público das súas respectivas competencias con orixe ou destino na zona de Santa Cristina. Un acordo que permite a entrada no municipio de Oleiros da liña 1A do bus urbano. 

Festivos

A aprobación das festividades locais é outro dos asuntos que tratarán os concelleiros. O Goberno anuncia que o próximo ano serán festivos na cidade o día 25 de febreiro (martes de Entroido) e o 7 de outubro (Festividade da Virxe do Rosario). A decisión de recuperar a festividade da Patrona para este ano é debido a que a Xunta elixiu como festivo San Xoan para toda Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario