Traductor

martes, 24 de septiembre de 2019

O Concello e ABAC - Padre Rubinos - Biblioteca Verde


O Concello colaborará coa asociación ABAC no aumento de campañas de sensibilización e na mellora de servizos a persoas con trastornos alimentarios 

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira Yoya Neira visitaron as instalacións da sede no Barrio das Flores


A Coruña, 23 de setembro de 2019.- A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, visitaron esta mañá as instalacións da Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC), onde a presidenta e a directora do colectivo, Asunción del Valle e Fátima Pérez, lles deron a coñecer o labor que realizan diariamente coas 85 persoas que o conforman. 
Rey comprometeuse a colaborar no aumento de campañas de sensibilización e para mellorar os servizos que dispensan desde a sede da rúa Petunias e que non se quedan nunha intervención e comedor terapéuticos, senón que tocan todo o referente á prevención e ao asesoramento sobre a nutrición ás e aos usuarios, un apartado que reforzan cun soporte psicolóxico desde ABAC. 
A alcaldesa e a edila valoraron as distintas actividades que ofrece a asociación para completar a terapia e que van desde clases de ioga a obradoiros de expresión corporal e de habilidades sociais, xunto a unha área de coñecemento, no que o cadro de persoal non só participa en parladoiros e congresos. Tamén asinan convenios para que os futuros profesionais se formen e facilitarlles así o acceso ao mercado laboral ás universitarias e aos universitarios que se queiran especializar nestas enfermidades desde as distintas disciplinas que as tratan.



Inés Rey apela ao diálogo e á colaboración como o mellor modo de solventar problemas entre as administracións públicas

A rexedora acudiu esta mañá á presentación do libro “Padre Rubinos 2008-2019: la transformación de un referente social”, do xornalista Fernando Molezún.

  


A Coruña, 23 de setembro de 2019.- A alcaldesa, Inés Rey, asegurou esta mañá que a asesoría xurídica do Concello xa está a estudar o expediente do pago de 700.000 euros reclamados pola Xunta en concepto de cofinanciamento das escolas infantis, e apelou ao diálogo e á colaboración “como mellor modo de solventar os problemas entre as administracións públicas”.

A rexedora emprazou ao Goberno autonómico a manter un “diálogo fluído”, e asegurou que “as liñas de comunicación co Concello coruñés sempre están abertas, por iso non creo que un debate radiofónico sexa a mellor maneira de solucionar este tipo de cuestións co Goberno municipal”. 

Neste senso, destacou que a Xunta tamén ten pendentes algunhas prestacións co Goberno local como o cumprimento do convenio do Consorcio da Música que “en ningún momento se lle reclamou a través dun debate radiofónico o nun titular de prensa”.

Por outra banda, cualificou de “positivo” o balance dos seus primeiros cen días ao fronte do Goberno local en María Pita, e destacou “a recuperación do diálogo con  outras administracións e o impulso á xestión administrativa diaria como algunha das actuacións máis importantes”.

Valorou “de boa” a acción do goberno, “os concelleiros xa traballan en proxectos concretos para recuperar o liderado urbano que A Coruña merécese” e non quixo entrar a valorar as críticas da oposición. “A acollida do goberno foi boa e cen días son poucos para que se visibilicen os proxectos, unha vez que a cidade nos últimos anos estivo paralizada”, subliñou.

Padre Rubinos

A alcaldesa, Inés Rey, acudiu esta máná á presentación na Real Institución
Benéfico Social Padre Rubinos do libro “Padre Rubinos 2008-2019: la transformación de un referente social”, do xornalista Fernando Molezún, que pon en palabras o último decenio da entidade.
 “Dicir Padre Rubinos nesta cidade non necesita acompañamento algún porque a institución está no maxín das e dos coruñeses con 100 anos de labor social de fondo e unha traxectoria que medra”, resaltou na presentación a alcaldesa que garantizou o respaldo do Concello á entidade.

Durante a súa intervención destacou “os difíciles momentos que a entidade soubo supera para coller folgos e atender a máis poboación”. Y felicitou a Fernando Molezún por un libro “tan necesario como o traballo que se fai desde aquí”. 

Resaltou a importancia de “dar a coñecer o traballo que realiza o persoal de portas para adentro co fin de gañar máis apoios. Un pilar fundamental foi Amancio Ortega que, como o escritor, conta chegou no momento oportuno”.

 Hoxe a entidade, sinalou a rexedora, “é acubillo para novos públicos, pobres que como di Molezún e o presidente de Padre Rubinos, Eduardo Aceña tamén, nunca o  foron, veciñanza que tivo que acudir ao comedor, no caso do albergue, porque non lle quedou outra”.

Noutro lado, dixo, están a cativada, “nenas e nenos que contan cunha infraestrutura de luxo para empezar a aprender e alimentar a súa imaxinación”. Proba de que o conxunto funciona está nas listas de espera, dixo.
Por iso, “o libro é tan necesario para que se saiba e a sociedade tome conciencia dos índices de pobreza, da eliminación da clase media que agora é baixa e está en risco”, resaltou nas súas palabras.



A rede de bibliotecas municipais inaugura este mércores o seu programa “Biblioteca
Verde” cunha charla no Castrillón

Daniel González Palau, do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, será o encargado de inaugurar o mércores no Castrillón o programa Biblioteca Verde

A Coruña, 23 de setembro de 2019.- Un ano mais, na rede de bibliotecas da Coruña pon en marcha o programa de Biblioteca Verde. Esta iniciativa consiste no desenvolvemento e difusión dun espazo, en cada biblioteca, para poder informar, reflexionar  e compartir tamén, cos encontros mensuais, debates e intercambios de opinión, sobre asuntos de actualidade relacionados co medio ambiente e a sustentabilidade. 
Daniel González Palau, secretario técnico do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, será o encargado de inaugurar o programa este mércores na biblioteca do Castrillón cunha charla que tratará a temática dos Obxectivos de  Desenvolvemento Sostible aprobada pola ONU. Unha actuación que busca que os países e as súas sociedades emprendan un novo camiño co que mellorar a vida de todas as persoas. Este proxecto conta con 17 obxectivos que inclúen a eliminación da pobreza, a loita contra o cambio climático, a educación, a igualdade da muller, a defensa do medio ambiente, etc. Ademais dos gobernos e das organizacións internacionais, todos e todas nós formamos parte da solución.

As charlas e debates terán lugar na última semana de cada mes, de outubro a maio. Para mais información pódese consultar a web das bibliotecas   http://www.coruna.gal/descarga/1399425345488/programa_2019_2020.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario