A Marea Atlántica reclámalle á Autoridade Portuaria da Coruña
que deixe de ocultar información sobre as
irregularidades contables das obras do Porto Exterior
Un xulgado confirma a obriga da APAC de entregar a documentación
dos anos 2012, 2013 e 2014 investigados polo Tribunal de Contas e repartidos
entre o PP e o PSOE
Xiao Varela: “É unha vergoña que un ente público gaste
recursos en acudir á xustiza para ocultar información”
O grupo municipal da Marea Atlántica reclámalle á Autoridade
Portuaria da Coruña que deixe de ocultar información sobre o financiamento das
obras do Porto Exterior e faga públicos os documentos que lle solicitou o
concelleiro Xiao Varela o ano pasado, relativos á investigación do Tribunal de
Contas por irregularidades contables. Despois de que esta semana o xulgado do
Contencionso nº9 de Madrid reiterara a obriga da APAC de ser transparente,
Varela declarou que “é unha vergoña que un ente público estea a gastar recursos
en acudir á Xustiza para ocultar información, en lugar de preocuparse por
resolver as súas presuntas irregularidades e a súa enorme débeda”.
Varela, sendo conselleiro da Autoridade Portuaria,
solicitara documentación relativa a 2012, 2013 e 2014, anos nos que o Tribunal
de Contas atopou indicios de irregularidades contables, repartidas entre os
gobernos do PSOE e o Partido Popular. Cando a petición lle foi denegada, acudiu
ao Consello de Transparencia, que fallou ao seu favor e reiterou a obriga da
APAC de entregarlle os informes que solicitara. Pero en lugar de facelo, a
entidade portuaria levou ao xulgado ao propio Consello da Transparencia, nunha
demanda que acaba de perder.
A sentenza do tribunal é contundente, e sinala que a
información solicitouse “en exercicio dun dereito” e con motivos xustificados
pola finalidade da Lei de Transparencia, “que non é outra que someter a
escrutinio a acción dos responsables públicos, vendo como se manexan os fondos
públicos”.
A opacidade como forma de
goberno
Non é a primeira vez que a Autoridade Portuaria oculta
información, xa o fixera no relativo ás dietas que cobra o seu Consello de
Administración. Tivo que ser a Comisión de Transparencia a que obrigara a
compartir estas cifras, e entón soubemos que por dúas horas de traballo, as
persoas que se sentaban neste consello (como a actual voceira municipal do PP,
Beatriz Mato) cobraba n
case
750 euros por cada reunión de dúas
horas. Só Xiao Varela renunciou a estes cartos, en cumprimento do
Código Ético da Marea Atlantica. Polo tanto, reclamámoslle á Autoridade Portuaria que
abandone a opacidade como modus operandi e entregue a documentación
relativa á investigación do Tribunal de Contas. “En lugar de esforzarse por
branquear o seu pasado, o presidente da APAC faría mellor en centrar os seus
esforzos en colaborar do Concello da Coruña e coa Comisión Especial do Bordo
Litoral, para que os peiraos interiores se transformen nun espazo público e non
nunha operación especulativa”, indicou Xiao Varela.

No hay comentarios:
Publicar un comentario