O Concello esíxelle á Xunta
o apoio solicitado polo CEIP Ramón da Sagra para un menor con autismo no
comedor escolar
Asegura
que o anterior executivo utilizou un programa de reforzo educativo nos centros
públicos de ensino e centros cívicos para dar unha cobertura a este menor que
non asumiu o ente competente.
A Coruña, 19 de setembro de 2019.-
A Concellería de Educación esixe á Xunta de Galicia que ofreza de maneira
inmediata o apoio solicitado polo CEIP Ramón da Sagra a un escolar con autismo
para o comedor escolar. O concelleiro de Eduación, Jesús Javier Celemín, púxose
en contacto co centro escolar para coñecer as necesidades especiais do menor
que cursa no mencionado centro. Asegura que non se lle retirou ningún apoio no
servizo de comedor posto que a competencia é exclusivamente autonómica.
Por outra banda, o concelleiro falou coa nai do alumno
para explicarlle que o Concello non é competente para contratar un servizo de
coidador no comedor do centro educativo.
Asegura que o anterior executivo utilizou un programa
de reforzo educativo nos centros públicos de ensino e centros cívicos para dar
unha cobertura a este menor que non asumiu o ente competente.
Este programa nin
sequera deixouse contratado para este curso e, aínda que fose contratado, os
propios técnicos municipais aseguran que non se pode derivar para contratar
persoal de apoio nos centros escolares debido a que estaría “a esquivar” a
lexislación educativa vixente nesta comunidade.
O programa, tal e como estaba contratado, refírese
exclusivamente a combater o fracaso escolar, pero de ningún xeito a atender ao
alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Celemín lembra que Lei
Orgánica de Educación establece claramente de quen é competencia este apoio
educativo, polo que esixe á Xunta que
cumpra coas súas obrigacións e atenda de forma urxente ás necesidades
educativas deste alumno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario