Traductor

viernes, 20 de septiembre de 2019

Sustentabilidade e a xestión da auga - Intermodal - Modificativo de crédito


Inés Rey destaca o compromiso da Universidade e de Emalcsa coa
sustentabilidade e a xestión da auga





A alcaldesa inaugurou xunto ao reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, as primeiras xornadas organizadas pola Cátedra
Emalcsa-UDC

A Coruña, 19 de setembro de 2019.- Inés Rey asistiu esta mañá xunto ao reitor da Universidade, Xulio Abalde, á  inauguración das primeiras xornadas organizadas pola Cátedra Emalcsa-UDC que, baixo o título “Retos da xestión de augas pluviais mediante Sistema Urbano de Drenaxe Sustentable (SUDS)”, analizará a necesidade de facer un correcto tratamento das augas da choiva.
A alcaldesa destacou o compromiso de Emalcsa e da Universidade coa sustentabilidade da cidade e o seu labor de investigación na xestión do sistema de augas da Coruña. “E no contexto do cambio climático, onde a investigación e o estudo da cátedra Emalcsa e a cooperación entre administracións resulta fundamental, tendo presente o aforismo de que non herdamos os recursos naturais dos nosos devanceiros, senón que os recibimos en préstamo dos nosos fillos”, sinalou.
A cátedra Emalcsa-UDC é un marco de traballo entre as dúas administracións públicas que busca novas metodoloxías estratexias na xestión no sistema de auga urbano desde a visión da sustentabilidade que se marca o concello. 

“Ambas as administracións públicas co seu traballo entorno á cátedra Emalcsa lémbrannos que a auga é un ben común, e que temos que manter o noso compromiso coa Axenda 2030 da ONU, coa que encetamos un futuro de sustentabilidade”, sinalou a rexedora.
Para Inés Rey, ambas as institucións teñen un papel fundamental na xestión da auga. “Xestionar a demanda, que sexa pública, temos unha Universidade e unha empresa municipal. Investiguemos, sexamos proactivos”,  demandou durante a súa intervención.
No acto tamén participaron Jaime Castiñeira, director de Emalcsa, e Xoaquín Suárez, director da Cátedra. 



O Concello aprobará este mes a primeira modificación urbanística necesaria para facer realidade a estación Intermodal

Juan Díaz Villoslada anuncia que a próxima semana aprobarase a primeira das accións que debe tramitar o Concello para dar luz verde ás obras da Xunta

A Coruña, 19 de setembro de 2019.- O concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, mantivo esta mañá unha reunión en Santiago a tres bandas, coa Xunta de Galicia e ADIF, para abordar conxuntamente os pasos a seguir para acometer as obras da Estación Intermodal. 

Villoslada confirmou que levará á Xunta de Goberno Local da próxima semana (25 de setembro) a primeira das modificacións puntuais necesarias para acometer os traballos que realizará a Xunta, a que afecta ás avenidas da Sardiñeira e Arteixo.

Para que a Xunta e Adif inicien o seu proxecto construtivo (ambas as dúas necesitan dos novos accesos) precisan que o Concello asuma dúas modificacións urbanísticas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), a que afecta as avenidas da Sardiñeira e Arteixo, e unha segunda, que só afectaría á avenida da Sardiñeira. Lembra que a actuación nos accesos na avenida do Ferrocarril pódese levar a cabo sen necesidade de modificar as normas actuais de plan. De feito, Villoslada xa traballa para poder realizar estas obras en 2020. Doutra banda, as tres administracións abordaron o convenio do 2018, que non se “repasaba” desde o pasado mes de novembro, polo que apunta que haberá pequenos “axustes” no documento.

Así mesmo, explicou que a obra de ADIF, de 48,5 millóns de euros, e que afecta á estación ferroviaria, está a piques de ser licitada, aínda que se demorou pola situación do executivo estatal. Aínda así confía en que o Estado licite canto antes estas obras que supoñen o impulso definitivo a esta infraestrutura, que levaba anos estancada e que por fin se desbloqueou. 




O goberno local presenta un modificativo de crédito de case 3 millóns de euros para facer fronte ao pago das rendas sociais e da emerxencia social





O edil de Economía e  Facenda, José Manuel Lage, anuncia que a intención do Goberno local é levar o modificativo ao pleno extraordinario que se celebrará a finais deste mes


A Coruña, 19 de  setembro de 2019.- O portavoz do Goberno Local e concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Lage, anunciou hoxe a intención do executivo de levar un modificativo de crédito de 2.997.473, 27 euros ao próximo pleno extraordinario que se celebrará a finais deste mes e no que confía contar co respaldo de todos os grupos políticos, aínda que non descarta introducir cambios e axustes que presenten o resto de forzas da Corporación. A prioridade do Goberno local, indicou, é a de levar a cabo políticas sociais e reactivar a economía local.

O portavoz asegurou que este é o último cambio nas contas que o Goberno local podería asumir este ano, en especial “porque teriamos dificultades obvias de execución” e lembrou que traballan cun orzamento prorrogado do ano 2018 e que “é necesario facer axustes”.
Coa proposta que o Goberno local leva hoxe á Xunta de Goberno extraordinaria “damos cumprimento aos compromisos que estableceu o goberno ao principio do mandato e tamén aos acordos acadados cos diferentes grupos municipais co obxectivo de facer fronte ás dificultades de contar cun orzamento prorrogado”, dixo.

É evidente, resaltou, o concelleiro, que onde non hai suficiente crédito, hai que buscar recursos necesarios para que este ano póidanse executar partidas imprescindibles, en especial, “as que ten que ver coas políticas sociais e de benestar”.

Este modificativo, explicou o portavoz, permitirá facer fronte ao pago das rendas sociais e as de emerxencia sociais no conxunto do exercicio 2019 e incorporar  novas actuacións.

Anunciou un incremento de 417.000 euros destinados a rendas sociais. Este suplemento servirá, dixo, para sufragar mensualidades que non estaban cubertas polo orzamento previsto. Trátase dun total de 243 rendas avaliadas e concedidas e que na actualidade xa se están sufragando. A cantidade fixada, tal e como explicou o portavoz municipal, obtense de sumar as mensualidades pendentes de pago de rendas xa concedidas e das rendas que desde xullo están pendentes de prorrogar. 

A outra partida de 240.000 destinarase a emerxencia social.  Durante este ano concedéronse 1.442 axudas de emerxencia social e está previsto que ao longo do setembro páguense un total de 554 novas solicitudes. É dicir, este ano atenderanse un total de case 2.000 solicitudes de emerxencia social.

Outras das partidas máis significativas é a de 1.661.350 euros que se destina a actuacións relacionadas coas estacións e bicicletas de  BiciCoruña. Trátase, explicou o portavoz, dun crédito extraordinario, para poder levar a cabo as actuacións previstas que inclúe un proxecto dos orzamentos participativos e do  Eidus, que estaban recollidas no capítulo 7 do orzamento. 

En concreto refírese  ás novas estacións de  BiciCoruña dos Mallos, Elviña, Parque de Eirís, Ventorrillo, e nos polígonos de Pocomaco e A Grela,  Expocoruña,  Universidade e  Marineda entre outras.
Máis dun millón de euros destinarase ás subministracións e instalacións de lectores,  módulos, estacións e novas bicicletas a través do programa  EIDUS e a instalación de estación en Catro Camiños.

Por outra banda, o edil de Economía indicou que o documento recolle outras partidas que non tiñan previsión orzamentaria, pero que deben de ser atendidas porque son “actividades recorrentes ou de interese estratéxico para a nosa cidade”.

Entre outras, inclúese unha partida de 80.000 euros para o convenio con Amigos da Ópera para financiar a tempada lírica de 2019 que corresponde ao departamento de Cultura. No apartado de Deportes incorpóranse dous suplementos de crédito; un de
30.000, para o desenvolvemento da carreira  Enki 2019, a través dun convenio coa Fundación Abrente; e outro de 60.000 euros destinados a incrementar  a convocatoria pública de subvencións para entidades sen ánimo de lucro.

Tamén anunciou un investimento de preto de 400.000 euros que irán parar ao ámbito da mobilidade .A maior parte destínanse á mellora, mantemento e funcionamento das instalacións da rede  semafórica. Outros fondos utilizaranse na mellora de elementos de sinalización, gastos en comunicacións, resolución de alegacións e outras actividades de carácter máis ordinarios.

Por outra banda, froito dos ingresos por contribucións especiais, destínase unha partida pequena de 8.000 euros para proxectos de mellora do parque de Bombeiros.  No eido do Medio Ambiente, destínase unha partida de 50.000 euros para afrontar a certificación final da obra de acondicionamento na vertedoiro de Béns que incluíu  unha planta de residuos (livixiados) e mellora das infraestruturas.

En canto a equipamentos deportivos sufragaranse obras de reforma nos vestiarios dos campos de fútbol da Grela e nos campos de Visma. “Actuacións pequenas que quedaron pendentes e que hai que resolver”, sinalou José Manuel Lage.

O portavoz do Goberno local insistiu en que” todo este volume de actuacións supoñen dar baixas no orzamento por valor de 2.600.271 euros e utilizar case 400.000 euros do remanente líquido líquido de tesourería”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario