Traductor

viernes, 20 de septiembre de 2019

O clásico Carmen de Bizet chega A Coruña


O clásico Carmen de Bizet chega ao Pazo da Ópera da Coruña da man da Compañía Nacional de Danza e a Orquesta Sinfónica de Galicia



Hoxe presentouse no concello o espectáculo que se representará os vindeiros 22 e 23 de novembro no Pazo da Ópera e cuxas entradas xa están á venda.

A Coruña, 19 de setembro de 2019.- Este mediodía presentouse no Pazo de María Pita a ópera Carmen, o clásico de Bizet, que se representará os vindeiros 22 e 23 de novembro no Pazo da Ópera da Coruña. Á presentación asistiron o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, Joaquín de Luz, director artístico da Compañía Nacional de Danza, Andrés Lacasa, xerente da Orquesta Sinfónica de Galicia, e Carlota Ojeda, promotora deste espectáculo.

O concelleiro foi o encargado de presentar a obra e animou a todas as coruñesas e coruñeses “a achegarse ao Pazo da Ópera para desfrutar deste espectáculo único, cheo de luz, cor e bo facer como non tivemos en moito tempo na cidade da Coruña”.

A Compañía Nacional de Danza preséntase por primeira vez na Coruña coa Orquestra Sinfónica de Galicia, que nesta ocasión estará dirixida por Manuel Coves.

Joaquín da Luz, director artístico da Compañía Nacional de Danza e bailarín profesional cunha traxectoria de máis de 23 anos, agradeceu estar na Coruña, “unha cidade marabillosa á que vimos presentarvos a nosa Carmen, un traballo moi importante dentro da ópera e o arte en xeral” e, resaltou, “Carmen sempre foi un traballo importante na reivindicación da muller libre, un tema moi en auxe pola violencia de xénero e o papel da muller na sociedade e nas artes”. 

O director artístico tamén agradeceu que o espectáculo na Coruña sexa “con música ao vivo, xa que ao unilo co ballet e á danza dálle moito máis valor”.

Lacasa referiuse á estrea como algo “extraordinario” e, asegurou, “xuntáronse os astros nesta cidade para poder levar a cabo este tipo de proxectos, xa que é fundamental que se apoie a danza”.

As entradas para desfrutar deste espectáculo único os vindeiros 22 e 23 de novembro no Pazo da Ópera xa están á venda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario