Traductor

sábado, 26 de octubre de 2019

Erasmus PHIL e o Día da Amizade







O edil de Cultura recibe as persoas representantes dos cinco países que coordinan o programa Erasmus PHIL

Esta iniciativa, coordinada desde A Coruña polo CIFP Ánxel Casal de Monte Alto, ten como obxectivos fundamentais a promoción de hábitos de vida saudables e a mellora das competencias en linguas estranxeiras




O concelleiro de Educación e Cultura, Jesús Celemín, recibiu esta mañá no Salón de Plenos de María Pita o persoal representante da coordinación do programa Erasmus+ denominado PHIL (Promote Healthy Habits and Improve Languages), que ten como obxectivos fundamentais a promoción de hábitos de vida saudables e a mellora das competencias en linguas estranxeiras. O programa comezou en setembro de 2018 e ten unha duración de 3 anos.

Á recepción no consistorio asistiron representantes dos 5 países que coordinan esta iniciativa, da Escola de Idiomas de Bratislava (Eslovaquia); do IMSC, unha ONG de Kelme (Lituania); da Universidade da Liberdade de Udine (Italia); do Centro de Formación Profesional de Veterinaria de Lanskroun (República Checa); da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol; e do CIFP Ánxel Casal da Coruña.

As representantes do Centro Integrado de Formación Profesional de Monte Alto, o Ánxel Casal, que estes días fan de anfitrioas para o resto das e dos coordinadores, son Belén Lage, coordinadora do proxecto PHIL; Cristina Vázquez, coordinadora dos programas internacionais do CIFP Ánxel Casal e Susana Agra, directora do CIFP Ánxel Casal.

O edil de Educación valorou e agradeceu “o esforzo do profesorado e das e dos coordinadores por levar a cabo este tipo de programas que sempre levan asociado un sobreesforzo e unha vocación altruísta”.

Estes días, o 24 e 25 de outubro, no centro de estudos de Monte Alto están a realizar o 2.º Encontro Internacional de Coordinadores/as do Proxecto PHIL. 


A xefa de Acción Social do Concello, galardonada no Día da Amizade celebrado hoxe en Palexco

A Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña premiou a Regla Dávila co premio á Participación Cidadá
2019



Esta tarde celebrouse no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) o Día da Amizade, organizado pola Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña, que este ano está dedicado especialmente á profesión xornalística.

A entidade entregou neste acto a insignia de ouro á Asociación da Prensa e o premio á Participación Cidadá 2019 a Regla Dávila Caballero, xefa de servizo de Acción Social do Concello da Coruña. Ademais, a asociación rendiu homenaxe as asociadas que cumpren 25 anos na entidade provincial. A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, participou na entrega das insignias de ouro.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario