O cumprimento do pacto que asinamos para estes primeiros meses do
mandato acumula algúns atrasos, polo que se fai necesario apurar os
compromisos
O operador enerxético municipal, a gratuidade das escolas infantís
municipais, as rebaixas no bus e o deseño do bordo litoral non tiveron os
avances previstos
O grupo municipal da Marea Atlántica convida ao Partido
Socialista da Coruña a celebrar canto antes unha nova xuntanza da comisión de
seguimento dos acordo s asinados para os primeiros meses deste
mandato. Acumúlanse xa varios atrasos desde a últim a actualización do
pacto, o 24 de setembro, polo que é necesario apurar a execución dos
compromisos. Non se deron os pasos previstos para constituír o operador
enerxético 100% municipal no seo de Emalcsa, pese a que o PSOE se comprometera
a facelo entre outubro e novembro, nin se constituíu tampouco a comisión
bilateral para estudar a súa posta en marcha.
Tampouco comezou aínda o cambio do regulamento para facer
gratuítas as escolas infantís a partir do vindeiro curso, aínda que o pacto
sinala que debía terse feito en outubro. Este mes, o ensino de 0-3 anos deixou
a área de Servizos Sociais, totalmente colapsada, e pasou á de Educación.
Agardamos que o cambio sirva para acelerar este compromiso.
Bótanse en falta avances nas medidas para protexer as vivendas
de Elviña ante a urbanización do Ofimático. E segue pendente a creación dunha
bolsa de vivendas en alugueiro social dentro da empresa municipal EMVSA, así
como o plan de emprego Coruña Suma. Do mesmo xeito, non se constituíron os
grupos de traballo para a recuperación do bordo litoral, nin para estudar as
novas bonificación no billete do bus para maiores de 65 e menores de 25 anos,
previstas ambas para outubro.
Houbo, é xusto recoñecelo, avances nas medidas que se
recollen no pacto.
O máis significativo, a aprobación no Pleno do proceso para
impulsar a creación da Área Metropolitana da Coruña, o día 3 de outubro. Nesa mesma sesión, e tamén en
cumprimento dos acordos, aprobouse de xeito definitivo a pioneira Ordenanza de
Igualdade do Concello da Coruña.
O inminente inicio da obra para desmantelar o viaduto da
rolda de Nelle --que xa contaba con orzamento reservado este ano--, ou a
continuidade do proxecto Bosques da Coruña tamén se contan entre os termos do
acordo que se están a respectar.
Traballando
desde a confianza e o entendemento mutuo foi posible pechar en outubro un
acordo para mudar as ordenanzas fiscais do Concello e facelas máis xustas e
progresivas. Pero a confianza hai que coidala co cumprimento dos acordos asinados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario