O Goberno local comprométese a estudar as necesidades espaciais de Afaco
A alcaldesa, Inés Rey, e a
concelleira de Benestar, Yoya Neira, visitaron esta mañá a sede da Asociación
de Familiares e Enfermos de Alzheimer no barrio das Flores
A Coruña, 14 de novembro de 2019-
A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Benestar, Yoya Neira, visitaron esta
mañá a sede da Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer (Afaco) no
barrio das Flores. Na reunión abordáronse as diferentes demandas da entidade
social e, en especial, as súas necesidades espaciais.
Afaco apuntou que existe unha listaxe de espera para acceder
aos seus servizos pero que neste momento non se pode acurtar por mor da falta
de espazo nas súas instalacións. Neste senso, lembraron que o Concello, no
2007, cedeulles unha parcela en Eirís para acometer un centro específico para estes pacientes que xa ten
proxecto construtivo. Sinalan que este se paralizou ante a falta ou redución do
financiamento e entenden que este inmoble permitirá prestar servizo a moitas
máis persoas usuarias.
Rey agradeceulle á entidade o “impagable traballo” que
leva facendo durante anos nunha cidade, que conta, segundo varias estimacións,
con 5.000 persoas afectadas de alzhéimer, e comprometeuse a estudar as demandas
de espazo de Afaco co fin de que a entidade poida prestar servizo a un maior
número de usuarias e usuarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario