O Goberno local prepara xa o desconfinamento, que comezará pola desinfección de espazos públicos para garantir a seguridade das nenas e nenos
A alcaldesa Inés Rey reuniu ao seu goberno para analizar as medidas a tomar, que hoxe constaron tamén na entrega de 15.000 novas máscaras en mercados, transporte público ou entre o voluntariado e que se ampliarán cun modificativo negociado co resto da Corporación
A
alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reuniu ao seu goberno a primeira hora
desta mañá no Pazo de María Pita para analizar as medidas e servizos que
se porán en marcha de cara ao inminente inicio do "desconfinamento" así
como para seguir profundando nas actuacións que desde o Concello se
están a tomar de cara á recuperación económica da cidade tras a crise
provocada polo Covid-19. Unha vez coñecido que o goberno central
comezará a rebaixar as restricións xerais derivadas do Estado de Alarma
nos próximos días, o executivo local acordou un novo paquete de de
medidas urxentes para abordar a nova fase da emerxencia. Así, entre
outras medidas, unha das primeiras será a desinfección das zonas verdes e
parques públicos, pechados até agora, para así darlle a maior
seguridade aos necesarios paseos controlados das nenas e nenos, así como
reapertura do servizo público de alugueiro de bicicletas, que hoxe
mesmo se puxo en marcha, ou os programas que, segundo as indicacións do
Goberno central, haxa que poñer en marcha desde o concello para paliar a
moi probable cancelación de eventos festivos de carácter masivo.
"Un goberno ten que ser previsor, e esa é a nosa vocación. Levamos moitas medidas postas en marcha e sabemos que haberá que reforzalas e amplialas, polo que hoxe decidamos tres horas de xuntanza para perfilalas e evitar, dentro do posible, a improvisación. Polo seu coñecemento do terreo e a súa capacidade para escoitar directamente as demandas veciñais, os concellos somos as administracións máis preparadas para xestionar o desconfinamento e, á vez, seguir poñendo os alicerces da recuperación económica", indicou a alcaldesa tras a reunión, que tivo lugar no Salón Dourado do Pazo de María Pita, coas correspondentes precaucións, e na que participaron todos os concelleiros e concelleiras, agás a titular de Turismo, Diana Cabanas, que o fixo de forma telemática.
O Goberno local profundou na situación de emerxencia sociosanitaria e estudou os programas e actuacións municipais que non se poderán executar e que, por tanto, se reorientarán de cara ao plan de reactivación económica en que se está traballando de forma conxunta co resto de grupos políticos.
Neste sentido, Rey apuntou que buscará "o consenso con todas as forzas municipais nas Comisións de Facenda, que empezarán esta semana, ante unha posible modificación do Orzamento 2020 para facer fronte á necesaria reactivación económica e ao previsible aumento da emerxencia social, prioridade que, como levamos facendo desde o comezo do mandato, construiremos desde o diálogo".
Así mesmo, durante a xuntanza, o equipo de goberno avaliou a situación de cada un dos seus departamentos e a evolución dos programas postos en marcha desde o inicio do Estado de Alarma decretado polo Goberno central. Así, abordáronse, entre outras cuestións, os dispositivos de emerxencia social para xente sen fogar tras o aumento da demanda observada nos últimos días ou a distribución de equipos de protección entre as e os traballadores municipais e de concesionarias de servizos esenciais. Esta mesma mañá repartíronse 15.000 máscaras máis entre as e os vendedores de mercados municipais, transporte público, empregadas/os do SAD, voluntarias/os, e servizos de Medio Ambiente, que se suman ás 25.000 distribuídas desde o principio desta crise.
O Goberno local considera "especialmente importante" a decisión de manter o emprego tras garantir a continuidade de todos os contratos dos servizos públicos. "Non se suspendeu ningún convenio desde o inicio da crise nunha aposta firme polo mantemento dos postos de traballo na cidade", afirmou Inés Rey.
Por outro lado, falouse dos programas de ampliación do servizo de atención cidadá 010; co incremento dos postos de atención do servizo e de horas de traballo; o funcionamento do voluntariado; o repartimento dos menús escolares ás familias máis vulnerables (máis de 10.500 até este momento); o servizo "Acompáñote", de atención ás e aos nosos maiores e para combater a soidade; o incremento do talón restaurante para persoas vulnerables e os comedores sociais; ou o servizo especial no confinamento de atención ás vítimas de violencia de xénero. Ademais, o Goberno local analizou o programa de apoio educativo "Ninguén atrás" de axuda ás familias sen acceso aos recursos didácticos e educativos, que se iniciou hoxe precisamente co repartimento de material nos fogares que demandaron o servizo.
As e os concelleiros avaliaron tamén a moratoria no prazo dos pagos de alugamento para persoas en situación de vulnerabilidade económica e social e, neste sentido, os trámites destinados ás e aos arrendatarios de vivendas municipais. Ademais, trataron a evolución do servizo de mediación posto en marcha por Benestar Social para a resolución de conflitos vecinais e persoais, en colaboración co Círculo de Mediación de Galicia (Cimega).
Do mesmo xeito, analizaron a afluencia de vehículos de sanitarias/os nos aparcadoiros do Materno infantil, Abente e Lago, e do Oncolóxico, para coñecer os datos de ocupación das prazas por se for preciso amplialas nas próximas semanas.
"O balance do feito até agora desde o concello, nunha situación inédita e moi complicada, é razoablemente positiva, pero non se trata de mirar atrás senón de manter ou acelerar o ritmo, porque hai moito camiño por percorrer, labor no que será fundamental o apoio que recibamos por parte doutras administracións, coas que nos coordinaremos e coas que é seguro que acadaremos, entre todas e todos e con unidade, vencer ao virus e ás súas consecuencias", resumiu a alcaldesa, que volveu solidarizarse coas vítimas e agradeceu o traballo das persoas que combaten en primeira liña o Covid-19, entre elas, o cadro de persoal municipal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario