O Concello recibe os participantes do
Trofeo Teresa Herrera no seu 74.º aniversario
Unha
árbitra coruñesa da Liga Iberdrola entregará o trofeo ao segundo clasificado do
Teresa Herrera masculino
A Coruña, 10 de agosto de
2019.-
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e parte da corporación municipal recibiron
este mediodía no Pazo de María Pita os representantes da 74.ª edición do Trofeo
Teresa Herrera: Francisco Martínez Zas, presidente do RC Deportivo; Julio
Abalde, reitor da UDC, Julio Luis Pérez Alonso, vicepresidente UDG Tenerife;
Rafael Gordillo, director de relacións institucionais do Real Betis Balompié;
Juan Luis Villamisar, vicepresidente da Federación Galega de Fútbol e Ernesto
Vázquez Mariño, presidente honorífico da AFAC.
Rafael Gordillo desexoulle ao Deportivo “moitísima
sorte nesta etapa de ascenso a Primeira División”. Pola súa parte, Julio Luis
Pérez Alonso, augurou que o encontro de esta noite “será un gran partido”. O
presidente do RC Deportivo, Martínez Zas, recordou que no mes de outubro a
cidade celebrará o 75.º aniversario da construcción do estadio de Riazor.
Por
primeira vez na historia, dúas árbitras coruñesas da Liga Iberdrola entréganlle
esta noite o trofeo ao segundo clasificado do Teresa Herrera masculino. Inés
Rey, ao peche da recepción das/dos participantes, aludiu á imaxe das mulleres
no fútbol e afirmou que seguirá traballando por normalizar esta situación: “Só
espero que sexa o principio de algo que se repita, porque elas piden un
continente do tamaño do seu talento e o estadio ten que ser tamén a súa casa e
a casa de todas e todos, á que hoxe volvemos para vivir outra tarde maratoniana
do Teresa Herrera”, asegurou a rexedora, quen fixo especial mención os nenos da
canteira do equipo herculino, desexándolles sorte e convidándoos a que “non
perdan as tradicións”.
As entregas dos trofeos nas dúas modalidades
realizaranse ao remate dos respectivos partidos. No caso do Trofeo Teresa
Herrera feminino, entre o Deportivo Abanca e o UDG Tenerife, os trofeos serán
entregados por:
2.ª clasificada: entrega a concelleira de Turismo, Comercio e
Mercados, Diana Cabanas.
• Gañadora:
entrega a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.
Ao remate da final do Teresa Herrera masculino, que
xogan o RC Deportivo e o Real Betis Balompié ás 21.00 h, os trofeos serán
entregados por:
• Mellor
Xogador Estrella Galicia: entrega Ignacio Olavide, representante de Estrella
Galicia.
• 2º
clasificado: entrega a árbitra coruñesa da Liga Iberdrola Eugenia Gil Soriano.
• Gañador:
entrega a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.
O concello informou de que nas vindeiras edicións do
torneo herculino ambos os trofeos terán o mesmo tamaño, pero este ano seguen a
ter diferentes dimensións, xa que así estaba contratado polo anterior goberno.

No hay comentarios:
Publicar un comentario