Urbanismo traballa na reparcelación do Ofimático para axilizar a
segunda fase de urbanización
O concelleiro de Urbanismo, Juan
Manuel Díaz Villoslada, asistiu á inauguración institucional do Lidl, que supón
“un paso máis” no novo polígono
A Coruña, 7 de agosto de 2019.- O concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz
Villoslada, e a concelleira de Comercio, Diana Cabanas, acudiron esta mañá a
coñecer o novo espazo comercial Lidl, que se abrirá mañá ao público no Parque
Ofimático, e que para Villoslada, supón un paso máis no novo polígono e para a
súa área de influencia porque nel “xa están vivindo entre 150 e 160 familias e
hai que darlles servizos”.
O edil lembrou que o reto fundamental do Goberno
Local é que o ano que vén poidan comezar as obras da segunda fase de
urbanización: “Hai complexidades, pero estamos traballando niso”.
Por iso, engadiu que neste meses traballarán para
rematar con toda a reparcelación co fin de licitar esta segunda fase no menor
tempo posible. Neste aspecto, remarcou que a posta a punta do barrio pasou
estes días por facer algunhos arranxos que demandaron as cooperativas e as
comunidades de veciños, pero “temos que ver o tema dos accesos”.
A superficie comercial dará traballo a 22 persoas,
sete máis que as que estaban no Lidl de Alfonso Molina, xa que prevén máis
vendas.
O xerente de Inmobles e Expansión de Lidl para
Galicia, Luis Biempica, informou aos concelleiros de que se trata dun modelo de
tenda diferente, coa incorporación dunha plataforma fotovoltaica para o
autoconsumo e dúas prazas de aparcamento, de xeito que os que teñan coche
eléctrico poidan cargalo mentres mercan, sendo o primeiro centro galego que dá
este servizo. Ademais, destacou a cristaleira da fachada, que permitirá ver a
vida interior do negocio e que os clientes manteñan o contacto co exterior.

No hay comentarios:
Publicar un comentario