Reunidos o PsdeG-PSOE e a Marea Atlántica, na sesión
constitutiva da comisión de seguimento dos acordos de execución inmediata
subscritos por ambas partes 0 3 de xullo de 2019
ACORDAN
2.- Que a asunción por ambas partes desta senda de
cumprimento dos acordos de xullo, nomeadamente dos previstos para os mes de
outubro e novembro do presente ano, despexa o escenario para a negociación dos
orzamentos de 2020
3,- Que a Comisión Especial para o impulso da Área Metropolitana,
a iniciativa da sua presidencia e de común acordo entre as partes, adoptará na
súa primeira sesión, no mes de setembrot dous acordos. O primeiro establecerá o
seu réxime de funcionamento e o horizonte temporal para a conclusión da súa
encomenda, isto é, a elaboración dun anteproxecto de lei, previsto para o
primeiro semestre de 2020, O segundo, para o seu ditame e traslado ao pleno
ordinario do 3 de outubro, no que se aprobará por maioría absoluta cos votos,
cando menos, da Marea Atlántica e o PSdeG-PSOE, impulsará o proceso de
constitución da área metropolitana ao abeiro do artigo 122 da Lei da
Administración Local de Galicia (LALGA), dará traslado do acordo á Xunta de
Galicia e ao resto dos concellos implicados e ratificará o prazo no que a Corporación
se compromete a dispoñer dun anteproxecto de lei.
4.- Que entre os
meses de 0UtUbro e novembro, e de común acordo entre as partes, se adoptará un
acordo no Consello de Administración de Emalcsa no que se definirán as liñas
básicas do proxecto de constitución dun operador enerxético 100% municipal e se
activarán as xestións necesarias para levalo a efecto, para o que se porá en
marcha ademais un grupo de traballo bilateral,
5.- Que no mes de outubro se impulsará a modificación
do regulamento das escolas infantís municipais, que estará concluída antes de
febreiro de 2020 e que suporá a gratuidade do ensino de O a 3 anos a partir do
curso escolar 202012021, para o que os orzamentos sucesivos deberán contar coa
partida económica necesaria.
6.- Que no mes de outubro, de común acordo entre as
partes e antes, en calquera caso, de que se constitúa o Grupo de Traballo entre
o Concello da Coruña e a Autoridade Portuaria da Coruña recollido no acordo
plenario do pasado 12 de seternbro, porase en marcha a Comisión Especial para o
Bordo Litoral coa aprobación dun documento marco no que se
estabelecerá---ädëMäΊ—dðšúbxectivos e prazos da comisión, o seu réxime de
funcionamento, que incluirá os mecanismos necesarios para garantir o aliñamento
do Grupo de Traballo cos acordos adoptados na Comisión Especial.
7.- Que a modificación puntual do PXOM para garantir a
natureza pública dos terreos da Solana se levará ao pleno ordinario de
novembro, para a súa aprobación definitiva, e en calquera caso antes de que
remate 0 2019, ao estar pendente da conformidade de Costas
del Estado.
8.- Que no pleno ordinario do 3 de outubro, de común
acordo entre as partes, se someterá a aprobación definitiva a Ordenanza de
Igualdade de Xénero e se iniciará, na comisión
plenaria correspondente, o
seguimento da súa aplicación.
10.- Que o complexo das Naves do Metrosidero abrirá as
súas portas á maior brevidade 
posible cando dispoña de todas
as autorizacións administrativas, e a súa posta en marcha farase baixo as
fórmulas de uso e coxestión xa aprobadas.
12.- Que esta comisión, na súa undeira xuntanza,
avaliará o efectivo cumprimento desta
folla de ruta e avanzará na
concreción e execución dos restantes acordos subscritos entre ambas partes o
pasado 3 de xullo de 2019.

No hay comentarios:
Publicar un comentario