A 7.ª edición da Carreira da Muller
da Coruña reunirá a 7.500 participantes este domingo
“Toda a Corporación local está comprometida para, entre todos,
levar a cabo políticas transversais no eido educativo e social para acadar una
igualdade real”, asegurou a alcaldesa
A Coruña, 18
de setembro de 2019.- Esta mañá presentouse no Concello a sétima edición da
Carreira da Muller da Coruña que este domingo reunirá a 7.500 mulleres e homes
para tinguir as rúas da cidade de cor rosa.
Á presentación asistiron a alcaldesa, Inés Rey, a concelleira de Igualdade, Yoya Neira, o
concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, as voceiras municipais do
Partido Popular e Ciudadanos; Martín Fiz, presidente de honor da Carreira da Muller,
David Iglesias Barca, presidente do Club Rialto, representantes de ACADAR
(Asociación de Mulleres con Discapacidade de
Galicia), Amrani Sbai, presidenta da ONG Mestura e María Sanjurjo, campioa do
mundo de hóckey sobre patíns e madriña da carreira deste ano na Coruña.
Como novidade, este ano vendéronse un total de 50
dorsais solidarios a un prezo de 30 euros en beneficio da asociación ACADAR que
xa se esgotaron, ao igual que os 7.500 dorsais oficiais que se esgotaron unha
semana antes que na anterior edición.
Canto ás políticas de igualdade, a rexedora detallou
que “toda a Corporación local está comprometida para, entre todos, levar a cabo
políticas transversais no eido educativo e social para acadar unha igualdade
real” e, dixo, “que manifestar o meu ánimo e apoio ás mulleres que participan
directa e indirectamente este domingo na carreira, porque elas son as
protagonistas dese día e de todos os días”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario